Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia a aprobación provisional das axudas de +Xuventude, “a primeira...

Luis López anuncia a aprobación provisional das axudas de +Xuventude, “a primeira liña de subvencións da historia da Deputación dirixida á mocidade da provincia”

- Anuncio -

Á espera da resolución definitiva serán un total de 17 entidades xuvenís as que gozarán destas axudas que ascenden a preto de 80.000 euros e repartirán entre 1.700 e 5.000 euros por entidade

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de anunciar a aprobación provisional das axudas de +Xuventude, “a primeira liña de subvencións da historia da Deputación dirixida á mocidade da provincia”. López, que se amosou “moi orgulloso da acollida” desta iniciativa, subliñou que á espera da resolución definitiva serán un total de 17 entidades xuvenís as que gozarán destas axudas que repartirán en total preto de 80.000 euros.

As primeiras axudas provinciais á xuventude da Deputación de Pontevedra destinarán entre 1.700 e 5.000 euros aos 17 colectivos beneficiados. Con estes recursos, as entidades xuvenís poderán poñer en marcha proxectos relacionados coa música, co deporte, coa ciencia, cos hábitos saudables, coa natureza e o medio ambiente, co ocio saudable ou coa integración social.

Para o presidente provincial, os proxectos presentados ás axudas de +Xuventude “demostran que a mocidade da nosa provincia ten moitas iniciativas, moito talento e está moi comprometida; o que deixa patente que, sen dúbida algunha, Pontevedra ten moito futuro con eles e que a Deputación debe estar ao seu carón”.

Relacionadas

Miguel Nuño Vázquez entrega ao concello de Bueu un novo tomo coa historia do...

0
O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu este mércores pola tarde un recibimento a Miguel Ángel Nuño Vázquez – Garza, no que...

Luisa Sánchez participa no acto de clausura dun proxecto de defensa persoal de Érguete-Integración

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou hoxe o Proxecto DANA, desenvolvido pola Fundación Érguete-Integración e subvencionado con máis de 4.300 €...

Un ‘Carnaval animal’ para desfrutar en familia en Tomiño

0
O auditorio de Goián volve acoller este domingo 10 teatro ás 17.30 hpara todos os públicos da man da compañía Luz, micro y punto....

300 alumnos e alumnas de Primaria asistiron hoxe á representación de “Wombo Combo”

0
A obra de Galeatro chegou ao Teatro Municipal dentro do programa +Escénicas da Deputación co colaboración do Concello de Tui Preto 300 alumnos e alumnas...

Lores: “O Campionato europeo de Ciclocross foi un éxito deportivo espectacular”

0
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores definiu esta mañá a celebración do Campionato de Europa de Ciclocross como "un éxito deportivo espectacular...

Ponteareas recibe o apoio da Dirección Xeral de Xuventude para o proxecto Ponte Interxeracional

0
• A Consellería de Cultura, lingua e Xuventude a través da Dirección Xeral de Xuventude vén de conceder 25.000€ • O Pontea Interxeracional recoñece a...

Publicacións Relacionadas