O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou aos xogadores e ao corpo técnico da Selección Masculina de Baloncesto de España, no adestramento desta mañá, horas antes de disputar un partido clave: o terceiro de clasificación para o Eurobasket 2025. O conxunto enfróntase ás oito da darte a Eslovaquia no Pazo dos Deportes. Menor desexoulle sorte á selección para o encontro de hoxe e os xogadores fixéronlle entrega dunha camiseta do equipo.
Pola súa banda, o presidente provincial entregoulles un obsequio de lembranza de Ourense. Menor amosoulles o seu “orgullo” por acoller en Ourense á Selección Masculina de Baloncesto, despois de 16 anos.
Menor estivo acompañado pola presidenta da Federación Española de Baloncesto, Elisa Aguilar; o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, e Óscar Graefenhain, director xeral da Federación Española de Baloncesto.