Home Pontevedra Caldas Luisa Piñeiro pídelle aos veciños de Caldas un “apoio masivo” a Alfonso...

Luisa Piñeiro pídelle aos veciños de Caldas un “apoio masivo” a Alfonso Rueda para que se manteña o alto ritmo de investimentos tras investir 22,4 millóns na derradeira lexislatura

- Anuncio -

● A secretaria xeral do PP Provincial garantíu que o PP “incrementará esta contía no vindeiro mandato 2024-2028” durante un paseo pola vila co voceiro e candidato, Fernando Pérez, a candidata pontevedresa María Martínez


● Fernando Pérez augura que vén “unha lexislatura histórica” para Caldas se o PP revalida a maioría absoluta cos 6 millóns de euros para o IES Aquis Celenis o o CEIP Alfonso VII e co novo centro de saúde e alerta do “risco de parálise” destas obras cun multipartito de esquerdas

A secretaria xeral do PP Provincial de Pontevedra, Luisa Piñeiro, pediulle publicamente á veciñanza de Caldas de Reis que preste un “apoio masivo” a Alfonso Rueda nas eleccións do 18 de febreiro para que revalide a presidencia de Xunta “e se manteña, con toda a potencia, o elevado rimo de investimentos” que se están a acometer no Concello desde o Goberno galego, cifrados en 22.465.688 euros na derradeira lexislatura.

“Os veciños de Caldas teñen que elixir entre un presidente como Alfonso Rueda e un partido que ten sensibilidade e cumpre coas demandas deste municipio ou un multipartito de esquerdas que, como ben sabedes polo goberno local que hai en Caldas, funciona sempre mal e non atende as necesidades dos caldenses”, sinalou Luisa Piñeiro durante un paseo pola vila no que estivo acompañada do voceiro e candidato, Fernando Pérez e a candidata pontevedresa María Martínez.

A secretaria xeral especificou,que o compromiso do PP desde a Xunta con Caldas de Reis materializouse na derradeira lexislatura en investimentos “por máis de 5,5 millóns de euros anuais polo aposta de Alfonso Rueda por este concello, o que se traduce nunha elevadísima media de 570 euros por habitante e ano”. Por elo, e dado que ritmo de investimentos é claramente crecente, Luisa Piñeiro garantíu que un goberno galego encabezado de novo polo PP incrementará esta contía no vindeiro mandato 2024-2028 “para atender as necesidades de Caldas, favorecer o seu desenvolvemento e mellorar aínda máis a calidade vida dos caldenses”.
Pola súa banda, Fernando Pérez augurou a chegada dunha “lexislatura histórica en materia de investimentos” para Caldas de Reis se Alfonso Rueda revalida a presidencia da Xunta, xa que o PP vai desenvolver no vindeiro mandato a demandada ampliación e modernización do IES Aquis Celenis e do comedor do colexio Alfonso VII cuns 6 millóns de euros e realizará unha “aposta millonaria” polo novo centro de saúde cuxa contía coñecerase tras a redacción o proxecto, entre moitas outras actuacións.

“O centro de saúde xa tiña que estar en obras pero o goberno local tardou nove meses en asinar o convenio que lle mandou a Xunta e ademais aínda non fixo os deberes xa que non ten garantidos os accesos ao futuro punto médico, o que tamén é unha boa mostra do que lle poder agardar a Galicia e a Caldas se o ineficiente goberno local se reproduce na Xunta”, sinalou o candidato caldense, que alertou do “risco de parálise” destas obras cun multipartito de esquerdas.

Finalmente, Fernando Pérez lembrou que o PP “é o único partido que aposta por Caldas, tamén coas persoas, xa que somos a única formación que leva un candidato deste concello nas súas listas e para min é unha honra volver a tomar parte da lista encabezada por Alfonso Rueda”.

Relacionadas

A Deputación promoverá o destino Rías Baixas esta fin de semana en Silleda no...

0
Turismo Rías Baixas contará cunha zona expositiva que promoverá distintos recursos turísticos da provincia coa liña argumental da campaña “100% Rías Baixas” A Deputación de...

A Deputación convoca un concurso escolar para animar aos mozos a participar no deseño...

0
“Deseña a túa provincia con Minecraft”, “Challenge Kahoot!: Coñece a Axenda Urbana” e “Caderno da Axenda Urbana” están dirixidos ao alumnado de educación primaria,...

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, na inauguración do Congreso Flúor

0
O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, acaba de participar na inauguración do Congreso Flúor, no que o publicista Lluis Bassat encargouse de pronunciar a...

O Concello de Nigrán prepara un dispositivo especial de San Xoan que prohibirá e...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN PREPARA UN DISPOSITIVO ESPECIAL DE SAN XOAN QUE PROHIBIRÁ E SANCIONARÁ FACER BURATOS NA PRAIA Policía Local, Protección Civil e Garda...

A Deputación destina 50.000 euros á Misión Biolóxica de Galicia para que transfira o...

0
Organizaranse actividades de difusión que abranguen desde visitas de agricultores, produtores ou pequenas e medianas empresas á Misión Biolóxica, ata encontros e campañas en...

O TSXG desestima o recurso da Comunidade de Usuarios Petelos-Tameiga contra o Plan Especial...

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asegura que a xustiza está a darlle a razón ao Concello Desde o Concello de Mos vénse de recibir...

Publicacións Relacionadas