Na primeira xuntanza informativa dos alcaldes e alcaldesas dos concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal que están no máximo nivel de restricións cos representantes da Consellería de Sanidade, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña,e o secretario xeral técnico, Alberto Fuentes, e o xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio aclaráronse as posibles dúbidas ante a aplicación das novas medidas e valorouse a nova situación na comarca. Tanto os representantes dos concellos como da consellería trasladaron a preocupación pola gravidade da situación, especialmente pola presión hospitalaria e o incremento incesante de casos activos e insistiron na importancia de que todas as persoas cumpramos as normas sanitarias .
Na primeira parte da reunión o secretario xeral informou do total de casos activos na área sanitaria de Ferrol e por concellos. Moeche é un dos concellos con unha incidencia elevada e un número de casos activos de 37 .
Ademais de darse conta das medidas máis salientables do novo nivel de restricións nos concellos integrados no nivel máximo, os alcaldes e alcaldesas tiveorn a posibilidade de expoñer as súas dúbidas e demandas máis urxentes en relación á situación.
Nesta liña a alcaldesa comunicoulle ao xerente da Área Sanitaria unha das situación máis preocupante que se empeza a dar co incremento de casos activos, a de persoas de avanzada idade confinadas por ser positivos, soas nos seus domicilios, co único soporte do SAF municipal e “coa dificultade de manter o soporte veciñal ou familiar polo risco de contaxio” O xerente comprometeuse a trasladar esta problemática que afecta aos de maior idade.
Bascoy sinala que “Moeche reorganizou e incrementou o SAF, coa contratación de tres persoas nas últimas semanas, e puxo en marcha o servizo de axuda na compra de alimentos e medicamentos pero estas situacións puntuais que se están dando van máis alá dun servizo de SAF con recursos limitados” Por outro lado, o concello está achegando algun material de protección a aquelas persoas que están pendentes das necesidades de persoas afectadas, maiores e soas.
O conselleiro pechou a reunión sinalando que as medidas adóptanse progresivamente segundo indica a situación e que estas xuntanzas se repetirán cada semana mentres nos manteñamos no máximo nivel de restricións.
A alcaldesa de Moeche trasladou tamén a súa preocupación por unhas medidas urxentes para a realización ou non de feiras e mercados e o seu control nesta situación en comparación cos centros comerciais e establecementos similares e a decisión municipal de suspender a próxima feira, por ser un espazo de difícil control respecto do cumprimento estrito das medidas e sobre todo no marco da elevada incidencia no municipio.