Free Porn
xbporn
Home Ourense Mónica Quintas Estévez asume a portavocía do PP en Vilar de Santos...

Mónica Quintas Estévez asume a portavocía do PP en Vilar de Santos e comprométese “a facer unha oposición firme, leal e construtiva”

- Anuncio -

·      Manifesta o seu agradecemento ao Partido Popular, “tanto autonómico, como provincial, como dos compañeiros que me precederon neste cargo, como tamén dos representantes populares da comarca da Limia que me están a amosar o seu apoio. E, por suposto, aos veciños e veciñas de Vilar de Santos que depositaron en nós a súa confianza”

O Grupo Municipal do PP en Vilar de Santos conta con nova portavoz. Mónica Quintas Estévez tomou posesión da súa acta de concelleira no pleno municipal celebrado onte no Concello. Nacida en 1977, Quintas Estévez é técnica de raios x nunha clínica de traumatoloxía e a que mañá comeza é a súa primeira experiencia en política activa.

Mónica Quintas asume esta responsabilidade con ilusión: “esforzareime por estar á altura desa confianza que a veciñanza de Vilar de Santos depositou en nós”. Deste xeito, comprométese a facer “unha oposición firme, leal e construtiva e así poder contribuír a acadar melloras para o municipio, sendo o nexo de unión con outras administracións como son a Xunta ou a Deputación”.

A nova voceira de Vilar de Santos manifesta tamén  seu agradecemento ao Partido Popular, “tanto autonómico, como provincial, como dos compañeiros que me precederon neste cargo, como tamén dos representantes populares da comarca da Limia que me están a amosar o seu apoio. E, por suposto, aos veciños e veciñas de Vilar de Santos que depositaron en nós a súa confianza”.

Por último, Mónica Quintas expresa o seu desexo para este mandato municipal: “que durante este tempo me sinta satisfeita de ter feito ben o meu traballo, sempre en beneficio do meu pobo e que os votantes sigan confiando no PP e poidamos darlle un cambio a Vilar de Santos”. 

Relacionadas

A Deputación promove a Ribeira Sacra como destino enoturístico en Italia

0
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, vén de organizar unha presentación do destino turístico da Ribeira Sacra e unha cata de viños...

Esgotadas en poucas horas as 500 sesións balnearias a 1 euro ofrecidas pola Deputación...

0
O éxito sen precedentes desta iniciativa converteu ao expositor da Deputación nun dos máis visitados e concorridos da 22ª edición de Termatalia A iniciativa posta...

O Pleno aproba a adopción de medidas de apoio a viticultores, gandeiros, traballadores da...

0
As iniciativas aprobadas hoxe teñen como obxectivo mitigar as perdas nos viñedos da Ribeira Sacra, axudar aos gandeiros con explotacións afectadas pola enfermidade hemorráxica...

A Xunta de Goberno Local aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 21 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu este mediodía no...

A rúa Irmáns Villar, pechada temporalmente ao tráfico

0
Debido á caída de cascotes na vía pública, a rúa Irmáns Villar permanecerá pechada ao tráfico temporalmente por motivos de seguridade

As festas de Santa Teresita ocasionarán cortes de tráfico esta fin de semana en...

0
A programación de actividades das Festas de Santa Teresita requirirá realizar esta fin de semana cortes de tráfico en varias rúas do barrio. Levaranse...

Publicacións Relacionadas