Os pratos fortes serán o acto de acendido do alumeado, a Feira do Comercio ‘Queda en Mos’, as Rondallas en Puxeiros, a Festa do Deporte e a Festa Pre Fin de Ano
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, as concelleiras de Cultura e Participación Cidadá, Sara Cebreiro e Julia Loureiro, respectivamente, e demais membros do equipo de goberno local, acompañados por membros do Grupo de Teatro A Cividade de Louredo e representantes das Rondallas de Mos e da Asociación de Comerciantes e Servizos, ACeS Mos, presentaron esta mañá a programación navideña municipal, que comezará este mesmo domingo, día 1 de decembro, e prolongarase ata xaneiro, co broche de ouro da Cabalgata de Reis pola Avenida de Sanguiñeda, o día 5.
Os pratos fortes do programa de Nadal serán: o acto de acendido do alumeado con actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona o venres 6 de decembro ás 18h no Pazo de Mos, a Feira do Comercio ‘Queda en Mos’ tamén no Pazo os días 6, 7 e 8 de decembro, as Rondallas en Puxeiros o 22 de decembro, a Festa do Deporte no Multiusos das Pozas o 27 de decembro a partir das 20h; e a Festa Pre Fin de Ano no Pazo de Mos, o 28 de decembro a partir das 23h, coa orquestra París de Noia e os DJs Álex Martini, Ballesteros, Groove Amigos e Samu Pexe.
Toda a programación:
– 1 DECEMBRO 17h: Festival Solidario de Cáritas no Multiusos
– 6 DECEMBRO 18h: Acendido do alumeado de Nadal con Uxía Lambona
– 6, 7 E 8 DECEMBRO: Feira do Comercio ‘Queda en Mos’
– 14 DE DECEMBRO: Excursión aos mercadiños navideños de Oporto
– 14, 15, 21, 22 DE DECEMBRO: Panxoliñas nas Igrexas
– 21 DECEMBRO 20.30h: Monólogos Grupo Teatro Mulleres en Igualdade no Auditorio de Guizán
– 22 DECEMBRO 10h: Papanoelada motera
– 22 DECEMBRO 12h: Festival de Baile Alumnos Patricia Martínez
– 22 DECEMBRO: Rondallas Puxeiros (8 en total): 4 de Mos, 3 de Porriño e 1 de Tui
– 26 DECEMBRO 19h: Presentación do videoclip Terra Verde dos King Kids no Auditorio de Torroso
– 27 DECEMBRO 20h: Festa do Deporte no Multiusos das Pozas
– 28 DECEMBRO 23h: Festa Pre Fin de Ano no Pazo de Mos presentada polo Grupo de Teatro A Cividade e coa orquestra París de Noia e os DJs Álex Martini, Ballesteros, Groove Amigos e Samu Pexe.
– 29 DECEMBRO 18.30h: Concerto Rubén Simeo trompetista + Banda Torroso no Auditorio de Torroso
– 5 XANEIRO 18h: Cabalgata de Reis na Avenida de Sanguiñeda
– CAMPAMENTO INFANTIL DE NADAL
– BELÉNS PARROQUIAS: Herville e Pazo de Mos