Home A Coruña Nereida Canosa pon en valor a colaboración público-privada para fomentar a inserción...

Nereida Canosa pon en valor a colaboración público-privada para fomentar a inserción laboral de persoas con problemas de saúde mental 

- Anuncio -

A concelleira de Benestar Social participou esta tarde na entrega de premios do programa Empréganos 2025, organizado por FEAFES Galicia nas instalacións do Centro Municipal de Emprego dos Rosales 

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, participou esta tarde na entrega dos premios Empréganos 2025, unha iniciativa organizada pola Federación de Asociaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental (FEAFES) de Galicia, co obxectivo de concienciar sobre a importancia de fomentar a inserción laboral de persoas con problemas de saúde mental. 

A concelleira, acompañada pola edil Diana Cabanas, destacou a necesidade de que “todas as Administracións públicas traballemos de forma conxunta coas entidades do terceiro sector para coidar das persoas que nos rodean, e de que se incida na prevención máis cun enfoque integral, atendendo a aspectos sociais como a vulnerabilidade ou a exclusión, a promoción do desenvolvemento persoal e profesional, o fomento dos hábitos saudables e tamén o acceso a un emprego digno e de calidade”. 

Neste sentido, Canosa puxo en valor o traballo de FEAFES Galicia, entidade coa que o o Goberno de Inés Rey colabora desde fai cinco anos a través dun convenio de colaboración que abre oportunidades en materia de formación e empregabilidade ás persoas que recorren aos servizos da asociación, ás que orienta na súa busca de emprego ou recepción de ofertas laborais. 

A este respecto, a concelleira subliñou a implicación do tecido empresarial coruñés e tamén a relevancia das e dos técnicos de inserción laboral, clave á hora de abrir camiño e asesorar as usuarias e usuarios de FEAFES. “Isto vai máis alá de superar unha entrevista e asinar un contrato. Trátase de crear un vínculo duradeiro entre a persoa candidata e a empresa e de integrala a través dun posto de traballo que permita desenvolver as súas calidades e talento deixando a un lado os prexuízos”.

Canosa lembrou que “o emprego ten unha relevancia moi importante na vida diaria das persoas e contribúe a mellorar a súa autoestima facendo que se sintan útiles e valoradas e tamén para garantir a súa independencia económica”.

Relacionadas

O futuro Pazo dá Cultura de Abegondo xa aflora na recta final da rehabilitación...

0
• O alcalde e a subdelegada do Goberno visitaron hoxe os traballos, cun investimento de 1,55 millóns de euros • Santiso avanzou que o novo...

O Concello comeza a instalación dun novo aseo autolimpiable en Novo Mesoiro

0
En breve colocarase outro servizo de iguais características na Praza da Tolerancia O Concello comezou esta semana as obras de instalación dun novo aseo autolimpiable...

A II Bandeira de Bateis e o XXVI Trofeo de Bateis Cidade de Narón...

0
O Concello naronés e o Club de Remo Narón organizaron a II Bandeira de Bateis e o XXVI Trofeo de Bateis Cidade de Narón,...

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo convoca o III Concurso de...

0
As inscricións poderán realizarse no mes de marzo e as fases clasificatoria e final celebraranse en abril O Conservatorio Profesional de Música do Concello de...

O Concello impulsa a ampliación do Programa Pares no Centro Municipal de Animais de...

0
O proxecto, que se realiza en colaboración coa Fundación María José Jove e a Fundación Emalcsa, busca mellorar a saúde mental de persoas mozas...

Fene acollerá a xornada “Ostomía e Continencia”, organizada pola Asociación de Técnicos de Farmacia...

0
A actividade, de carácter gratuíto, celebrarase no CPS de San Valentín o 19 de febreiro, e está dirixida tanto a profesionais sanitarios como a...

Publicacións Relacionadas