Home Pontevedra O BNG alerta de que o Goberno de Caballero segue sen garantir...

O BNG alerta de que o Goberno de Caballero segue sen garantir o mínimo de bombeiros en Vigo

- Anuncio -

A fronte nacionalista tacha de “parche insuficiente” o programa de servizos voluntarios aprobado polo Goberno municipal en agosto e pide acceso aos rexistros diarios

Xabier P. Igrexas: “Vigo sen bombeiros non é segura, polo que esiximos medidas estruturais e de fondo que doten este servizo vital do persoal necesario”

O Bloque Nacionalista Galego alerta de que o Goberno de Abel Caballero continúa sen garantir o mínimo de 20 bombeiros en activo por xornada en Vigo. A fronte nacionalista tacha de “parche insuficiente” o programa de servizos voluntarios fóra da xornada laboral aprobado polo Goberno municipal o 27 de agosto que, tal e como advertira o BNG, non resolveu a falla estrutural de persoal neste servizo vital.

“Esta situación provoca o peche intermitente do parque de bombeiros de Coruxo, deixando desprotexida media cidade e alargando perigosamente os tempos de resposta diante de eventuais emerxencias”, lamentou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen asegurou que estes riscos afectan tamén aos propios bombeiros que “se ven obrigados a intervir en condicións precarias sen os medios necesarios”.

Por este motivo, e diante da “opacidade” do Goberno local que segue sen responder ás interpelacións nacionalistas sobre este asunto na Comisión Informativa de Seguridade, dende o BNG anunciaron que van solicitar acceso a todos os rexistros de xornada dende o 27 de agosto para comprobar o número de efectivos real no servizo de bombeiros cos que contou a cidade durante o último trimestre.

“Temos que seguir insistindo en que Vigo sen bombeiros non é segura”, afirmou Igrexas, insistindo na urxencia de que o Goberno de Caballero poña en marcha “medidas estruturais e de fondo” que doten do persoal necesario ao servizo de bombeiros para atender unha cidade de 110 quilómetros cadrados e case 300 mil habitantes.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á preestrea en Pontevedra da segunda parte da serie...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu este martes no Liceo Casino de Pontevedra á...

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Publicacións Relacionadas