O programa desenvolverase de luns a xoves polas tardes e os sábados pola mañá, a partir do 17 de novembro
O Concello de Ourense pon en marcha unha nova edición do programa de actividades infantís nos 5 centros cívicos municipais, na rúa Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo. As familias interesadas poderán realizar a inscrición a partir de mañá, luns, día 10 de novembro, cubrindo un formulario que estará dispoñible na páxina web do Concello e nos propios centros cívicos.
As actividades desenvolveranse de luns a xoves polas tardes (17.30 a 19.00 h) e estarán dirixidas a nenas e nenos nados entre os anos 2016 e 2022. Ademais, os sábados pola mañá (de 11.00 a 12.30 h), haberá sesións para escolares de Educación Infantil e Primaria.
No Centro Cívico da rúa Colón ofertarase tamén apoio escolar para alumnado de 5º de Primaria a 2º de ESO, os luns, os mércores e os xoves de 16.00 a 17.30 h.
As actividades comezarán en cada centro o 17 de novembro de 2025. O prazo de inscrición non se pechará.
Máis información, na páxina web do Concello e nos centros cívicos municipais:
• Colón. Rúa Colón nº 18. Teléfono: 988 393 107
• A Cuña. Rúa Doutor Peña Rey nº 18. Teléfono: 988 619 058
• A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Teléfono: 988 511 911
• As Termas. Praza 200. Teléfono: 988 686 764
• Seixalbo. Rúa Estreita nº 1. Teléfono: 988 242 914



