Terá lugar ás 21:00 horas no Auditorio Municipal con entrada libre. Trátase dun espectáculo participativo financiado pola República Portuguesa e que por primeira vez chega a España
A organización mesturará a música en directo con vídeos do río Muíños, imaxes antigas de Nigrán e a voz en directo do experto en ornitoloxía Diego Rodríguez Vieites
O Concello de Nigrán será este mércores 23 de xullo ás 21:00 horas no Auditorio Municipal o primeiro protagonista en España do filme-concerto ‘Záguia Sul-Garda Ríos’, un proxecto artístico do Space Ensemble portugués que combina narrativa visual, música ao vivo e participación comunitaria para celebrar e protexer os ríos do noso territorio. O espectáculo, financiado pola República Portuguesa e con axuda europea, está totalmente adaptado á localidade, incluíndose vídeos do río Muíños, imaxes antigas do municipio e a narración do ornitólogo galego Diego Rodríguez Vieites. As crianzas que participan no campamento municipal do Concello serán os primeiros en disfrutalo pola mañá e xa as 21:00 horas ofrécese tamén de balde aberto ao público.
Nesta creación única, Záguia Sul (unha personaxe misteriosa, metade humana, metade ave) guía o público nunha viaxe poética polos ríos de Nigrán, revelando historias, memorias e segredos das augas que moldean a rexión. A través de imaxes filmadas localmente e dunha banda sonora executada ao vivo, o espectáculo convida a refletir sobre a importancia da preservación ambiental, nunha experiencia multissensorial que encanta todas as idades.
“É unha honra que elixisen Nigrán para estrear en España este filme-concerto tan especial, porque hai que ter en conta que para a organización supuxo un traballo previo de gravación no propio territorio, selección de imaxes, etc, polo que desde o Concello e, en nome da veciñanza, queremos agradecer públicamente este agasallo único”, explica o alcalde, Juan González.