O Concello de Ourense regulará a toma de imaxes e fotos externas dos medios de comunicación centrándoa nos primeiros cinco minutos de cada sesión plenaria, segundo manifestou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. O sinal de audio e vídeo seguirá facilitándose pola canle habitual do Concello (Vimeo).



