HomeOurenseOurenseO Concello lembra que os descontos nos autobuses urbanos de Ourense seguirán vixentes...

O Concello lembra que os descontos nos autobuses urbanos de Ourense seguirán vixentes até fin de ano

- Anuncio -spot_img

Desde o día 1 de xullo, as viaxes serán gratuítas para a poboación infantil, que só terá que presentar o seu DNI ao persoal de condución

O Concello de Ourense lembra que os descontos actualmente vixentes nos autobuses urbanos seguirán en vigor até fin de ano. A Xunta de Goberno Local do día 20 de marzo, acordou prorrogar desde o día 1 de xullo até o 31 de decembro os descontos actuais, que están co-financiados polo Concello e o Ministerio de Transportes. Ademais, desde o vindeiro martes, día 1 de xullo, até o 31 de decembro, as viaxes no servizo de autobuses serán gratuítas para a poboación infantil, até os 14 anos de idade. Nenas e nenos só terán que presentarlle o seu DNI ao persoal de condución para viaxar de balde.

O prezo por viaxe coa Tarxeta Milenio ordinaria manterase, así, en 0,31 euros (o que supón unha porcentaxe de bonificación do 50%) e o da viaxe coa tarxeta milenio para estudantes en 0,21 euros (cunha porcentaxe de bonificación do 51,16%). Os demais abonos non se rebaixan porque xa están bonificados ao 100%. Esta rebaixa dos prezos será co-financiada polo Concello e o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, no marco das axudas aprobadas polo goberno español con esta finalidade.

Tamén no marco destas axudas, aprobouse a gratuidade do servizo para a poboación infantil, até os 14 anos, desde o día 1 de xullo até o 31 de decembro (o que supón unha porcentaxe de bonificación do 100%)

Publicacións Relacionadas