· A actividade estará en marcha desde o luns, 22 de decembro, ata o mércores, 7 de xaneiro (ambos incluídos) no CEP Salustiano Rey Eiras.
· O período de inscrición estará dispoñible ata o martes, 16 de decembro.
O Concello volverá apostar pola conciliación das familias do municipio co lanzamento dunha nova edición dos Obradoiros de Nadal. A concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos, apunta que se trata dunha iniciativa “esencial e moi demandada polos veciños e veciñas, que requiren de iniciativas de conciliación para o coidado dos nenos e nenas durante os períodos non lectivos”. O prazo de inscrición xa está dispoñible, podendo solicitarse praza ata o martes, 16 de decembro.
As actividades de conciliación desenvolveranse no CEP Salustiano Rey Eiras desde o luns, 22 de decembro, ata o mércores, 7 de xaneiro (ambos incluídos). En canto ao horario de atención, este será de 9.00 a 14.00 horas, e as familias terán a posibilidade de solicitar o servizo de Madruga e o de Comedor. Ao longo do programa, os nenos e nenas poderán gozar de distintas actividades de dinamización e recibirán, ademais, a visita de Papá Noel e do Paxe Real das Súas Maxestades de Oriente.
O período de inscrición estará dispoñible ata o 16 de decembro. Para realizala, as persoas interesadas deberán entregar a ficha correspondente no servizo de Igualdade, a través da sede electrónica ou no rexistro municipal. O custo do obradoiro será de 45 euros, con bonificacións do 50% para segundo/a irmá e do 100% para o/a terceiro/a.
As persoas que precisen máis información poderán acudir ao servizo de Igualdade ou chamar por teléfono ao 981 832 764 (extensións 5 e 6).



