Home Pontevedra Baixo Miño O equipo de voluntariado de velutinas do Rosal realizou 130 intervencións no...

O equipo de voluntariado de velutinas do Rosal realizou 130 intervencións no 2023

- Anuncio -

Este grupo é unha peza clave para manter o equilibrio ecolóxico no municipio e dar resposta rápida ante a aparición destas avespas prexudiciais para o ecosistema

O Concello continúa coa súa loita contra a avespa velutina. O equipo de voluntarios e voluntarias destinado ao control destes insectos no Rosal realizaron o ano pasado máis de 130 intervencións ao longo do ano pasado, actuacións fundamentais para preservar o equilibrio no ecosistema, a biodiversidade e a calidade de vida de rosaleiros e rosaleiras.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destaca a importancia do traballo que desenvolven estes voluntarios e voluntarias, “un labor encomiable que vai máis alá da simple retirada de niños destas avespas invasoras. A súa actividade é esencial para manter o equilibrio ecolóxico e para garantir a seguridade e a tranquilidade dos nosos veciños e veciñas”.

A pesar de que a retirada de niños de velutinas e calquera incidencia relacionada con esta especie invasora é de competencia autonómica, dende o Goberno municipal saliéntase que os servizos ofrecidos dende a Xunta son insuficientes para controlar estas avespas. Grazas á colaboración deste equipo de persoas voluntarias, o Concello pode dar resposta dun xeito especialmente áxil a calquera aparición de velutinas “para conservar así o equilibrio, a sostibilidade, a calidade de vida e a produción agrícola no Rosal”.

As persoas que detecten un niño de avespas velutinas poden poñelo en coñecemento das autoridades chamando ao 629 41 90 75 ou ao teléfono do Concello 986 62 50 00, solicitando falar co departamento de Medio Ambiente. Agora é o momento no que están comezando a criar estas avespas e a crear os seus niños primarios, polo que é moi importante que todas as persoas que detecten un dean aviso o antes posible.

Lémbrase á veciñanza que en caso de atopar un niño deben afastarse del, xa que as picaduras destas avespas poden ser perigosas. As velutinas, ademais, exterminan totalmente ás abellas, un dos insectos que máis beneficia ao medio ambiente polo seu papel como polinizador.

Dende o Concello quere agradecerse o compromiso, o esforzo desinteresado e o labor que desenvolve este equipo de apicultores voluntarios que cada ano loitan por colocar trampas e retirar os niños de avespa velutina que se detectan no municipio, colaborando así a promover a protección da nosa contorna natural.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas