Home Sin categoría O Porriño celebra o Nadal cun mes repleto de actividades e diversión...

O Porriño celebra o Nadal cun mes repleto de actividades e diversión asegurada!

- Anuncio -
  • Desde unha pista de patinaxe ata a Cabalgata Real, sen faltar a tradicional festa Pre-Fin de Ano, a programación promete momentos inesquecibles para pequenos e maiores

O Porriño prepárase para vivir un Nadal cheo de actividades e eventos ofrecendo a veciños e visitantes un mes de propostas para gozar destas datas tan especiais. Desde o 7 de decembro ata mediados de xaneiro, a localidade converterase nun vibrante centro de tradición, cultura, solidariedade e entretemento para todos os públicos.

O Nadal comezará co Concurso de Postais de Nadal que alcanza xa a súa cuarta edición, un evento que convida aos máis pequenos a plasmar os seus mellores desexos do Nadal. A creatividade tamén se verá reflectida na Exposición Origen Es: Familia e Fogar, organizada pola Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, que poderá visitarse no Centro Cultural Municipal do 23 de decembro ao 2 de xaneiro. Ademais, celebraranse varios espectáculos infantís que non deixarán indiferentes aos máis novos, como o Titiricircus de Tanxarina Monicreques ou o espectáculo María Faltri Picadiscos. A programación inclúe tamén contacontos, como o de Antón e o Apalpador, ou o popular O gato zapato de Barafunda Teatro, que farán as delicias dos nenos e nenas.

A música será outro dos grandes protagonistas en Porriño estas festas. Desde o Festival de Nadal da Escola de Música Municipal ata o Encontro de Corais, no que participarán diferentes corais locais, incluíndo a Coral Polifónica da Escola Municipal de Música do Porriño e a Coral Polifónica Os Penediños de Atios, os sons do Nadal encherán a cidade en concertos de todos os estilos. Destacan, entre outros, os concertos de Cherry Sweet, Xingro´s Band, Iker Faure´s Band, Somoza Trío, e Noemí & Band, que ofrecerán diversas propostas musicais para todos os gustos.

Os máis pequenos poderán gozar tamén de diversas actividades e espectáculos na rúa, como a animación e os tradicionais obradoiros de Nadal. O Tren Turístico de Nadal percorrerá as principais rúas de Porriño, levando a maxia do Nadal a cada recuncho da localidade e unha gran Pista de patinaxe sobre xeo  fará as delicias dos máis pequenos na contorna do pavillón municipal. Ademais, os Elfos de SSMM Os Reis Magos e a Visita do Carteiro Real aos centros educativos de Porriño, facilitarán que os máis pequenos entreguen as súas cartas aos Reis Magos e a Papá Noel. Pola súa banda, Papá Noel visitará o Porriño na tarde de Noiteboa, xusto antes de repartir os agasallos.

Un dos eventos máis esperados cada ano é a Carreira de Nadal, que convoca por centos de corredores nunha xornada deportiva que combina a solidariedade coa diversión. Tamén será un éxito seguro o Mercado Solidario de Nadal, organizado pola Asociación Española Contra o Cancro, onde o espírito solidario fusiónase coa tradición do Nadal.

O Porriño non se esquece da diversión nocturna, e por iso tamén haberá espazo para a festa. Non podía faltar a Festa Pre-Fin de Ano promete ser un gran evento para despedir o 2024, con actividades para toda a familia durante o día e unha intensa noite de actuacións de rondallas, pasacalles, música en vivo con El Combo Dominicano e un dj set. Ademais, o XV Maratón de Panxoliñas do grupo de catequistas da Parroquia Santa María de Porriño na praza será outro dos momentos de encontro e alegría do Nadal.

A véspera de Reis culminará coa tradicional Cabalgata Real, que percorrerá as rúas de Porriño, dando a benvida á visita máis esperada do ano. E como peche da programación, o Certame de Rondallas de Porriño poñerá o broche de ouro a unhas festas cargadas de emoción, cultura e tradición.

“Propoñemos encher as rúas de maxia, solidariedade e cultura durante un mes enteiro. O Nadal en Porriño será, como sempre, un momento para lembrar!”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo, convidando a toda a veciñanza do Porriño e da contorna a visitar a vila.

Relacionadas

Carral asina o novo contrato de prestación do Servizo de Axuda non Fogar

0
• Ten unha duración de 2 anos máis un de prórroga e contará cun orzamento total de 1.604.730,40 euros. • Este servizo prestará un total...

A Cabalgata dos Reis Magos percorrerán na fin de semana

0
O domingo tamén haberá unha festa infantil desde as 17:00 horas no pavillón do IES Agra de Leborís para agardar por Melchor, Gaspar e...

OConcello de Ponteareas solicitará ao Estado a cesión dun tramo da N-120

0
• Este cambio de titularidade permitirá unha intervención máis rápida na mellora da seguridade do alumnado do IES do Barral, unha planificación do territorio...

A Laracha acollerá o mércores unha charla informativa para resolver dúbidas sobre a factura...

0
Pódese confirmar a asistencia no departamento municipal de Servizos Sociais. O Concello e o Equipo Comarcal de Inclusión Social do Consorcio Galego de Servizos de...

Mos presenta a súa programación de Nadal

0
Os pratos fortes serán o acto de acendido do alumeado, a Feira do Comercio ‘Queda en Mos’, as Rondallas en Puxeiros, a Festa do...

Actividades con motivo do 25N en San Sadurniño

0
 Hoxe, con motivo das actividades do 25N, estivo con nós na Escola Infantil Municipal "A Rolada" a ilustradora e contadora de historias Marisa Irimia...

Publicacións Relacionadas