Home A Coruña O venres ábrese a inscrición para participar en “Xogade coas motos” O...

O venres ábrese a inscrición para participar en “Xogade coas motos” O 25 de maio na Laracha

- Anuncio -

A actividade é organizada por VFM Motoclub co apoio do Concello, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Motociclismo.

Este venres ás 11:00 horas abrirase a inscrición para participar en Xogade coas motos. O evento vaise celebrar na praza Les Sables d’Olonne da Laracha o sábado 25 de maio e ten por finalidade ofrecer a nenos e adolescentes (de 6 a 15 anos de idade) a posibilidades de iniciarse no motociclismo probando unha moto de velocidade.

Aquelas persoas interesadas deben anotarse cubrindo os datos requiridos nesta ligazón: https://www.xogadecoasmotos.com/xogade-a-laracha. As prazas serán outorgadas por estrita orde de inscrición. Ata o 17 de maio só se permitirá anotarse a persoas que estean empadroadas no concello da Laracha. No caso de quedar prazas vacantes, abriríase a inscrición a non empadroados. A participación é gratuíta, requiríndose a cada asistente que vaia equipado con guantes (de moto ou bici), botas (de moto ou tipo trekking) e roupa térmica ou sotomono. Na Laracha realizarase por primeira vez despois de que o ano pasado tivera que suspenderse en dúas ocasións por causa das condicións climatolóxicas adversas. Nesta ocasión requirirase dunha nova inscrición e non se conservarán as prazas que foran outorgadas no ano pasado por razóns de seguridade ao precisar actualizar as medidas dos participantes para ofrecerlles o material oportuno, ademais de que nalgúns casos xa superarían a idade máxima permitida.
Xogade coas motos pretende fomentar o motociclismo de base facilitando o acceso dos máis pequenos ás motos de velocidade. A actividade non será competitiva, xa que a finalidade esencial é coñecer se aos rapaces lles gusta o deporte do motociclismo. Os participantes terán acceso gratuíto ás motos, monos e cascos para realizar distintos exercicios de habilidade que serán dirixidos por monitores, encargados tamén de valorar o nivel do neno e de ofrecerlle esa información aos pais.

Trátase de ofrecer unha primeira toma de contacto que permita aos rapaces con inquedanzas polo motociclismo coñecer e achegarse a este deporte sen necesidade dun investimento inicial e, de ser o caso, recibir asesoramento para a súa práctica habitual nas diferentes opcións dispoñibles en Galicia (escolas, circuítos, competicións, etc).

O evento é organizado por VFM Motoclub co apoio do Concello, a Federación Galega de Motociclismo e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do Programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar).

Relacionadas

O Concello de Oleiros organiza unha ruta de desde a ría de Lires ata...

0
O Concello de Oleiros organiza unha ruta da Ría de Lires ao Cabo Fisterra enmarcada no programa Andares por Galicia, a cultura da natureza...

Case 2.200 corredores poderán participar este domingo na Carreira Popular dos Rosales

0
A proba absoluta comezará ás 10.00 horas na avenida Fernando Suárez García, xunto ao polideportivo municipal Este domingo celebrarase a XI Carreira Popular Os Rosales,...

O Concello de Neda licita os traballos de pavimentación da pista de Pename a...

0
O Concello de Neda vén de sacar a licitación as obras que incluirá no denominado Plan de mellora de camiños rurais 2024-2025. O goberno...

Obradoiro de iniciación ao stream e creación dun mural coa temática do San Xoán...

0
O Concello organiza un novos obradoiros nas Casas da Mocidade o día 7 e 8 de xuño: obradoiro de iniciación ao stream e creación...

XI edición do Xuño da Cultura e as Artes

0
A concelleira de Cultura, Antía Alberte, presentou hoxe a décimo primeira edición do Xuño da Cultura e das Artes, un programa que coordina a...

Manuel Ferreiro clausura o ciclo “Xornadas para familias” impartido por Anhida Coruña

0
O centro sociocomunitario de Frades acolleu na tarde de onte a derradeira charla do ciclo “Xornadas para familias”, organizadas pola asociación Anhida Coruña en...

Publicacións Relacionadas