HomeSin categoríaObradoiros de iniciación ao teatro e de creatividade, actividades de xuño na...

Obradoiros de iniciación ao teatro e de creatividade, actividades de xuño na Biblioteca da Xunta en Pontevedra

- Anuncio -spot_img

O público adulto poderá achegarse a técnicas como expresión corporal ou improvisación en dúas sesións con Manuel Solla

A cativada traballará a capacidade de improvisación e a axilidade mental coa creación de dados para inventar historias

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, xestionada pola Xunta, programou para xuño o obradoiro Iniciación ao teatro, dirixido ao público adulto, e Creación de dados conta historias, para a cativada. Ambas actividades precisan de inscrición previa, que xa pode facerse a través da web do centro bibliotecario, onde tamén está dispoñible toda a información.

Así, os días 3 e 4 haberá dúas sesións de iniciación ao teatro da man de Manuel Solla. As persoas participantes practicarán técnicas e exercicios de desinhibición, expresión corporal, improvisación, creatividade e relaxación, entre outros.

Pola súa banda, o público infantil de seis a oito anos terá a posibilidade o día 11 de fabricar un xogo de dados que lles permitirá crear historias segundo vaian aparecendo imaxes en cada tirada. O obxectivo do obradoiro é estimular a creatividade e a capacidade de improvisación, así como a axilidade mental.

Por outra banda, ao longo do mes continuarán desenvolvéndose os habituais clubs de lectura, de galego, castelán e francés, así como Voz de muller.

Publicacións Relacionadas