Home Sin categoría OConcello de Ponteareas solicitará ao Estado a cesión dun tramo da N-120

OConcello de Ponteareas solicitará ao Estado a cesión dun tramo da N-120

- Anuncio -

• Este cambio de titularidade permitirá unha intervención máis rápida na mellora da seguridade do alumnado do IES do Barral, unha planificación do territorio en función das necesidades locais e superar as trabas que dificultan a rehabilitación das vivendas catalogadas nesta área

A Corporación do Concello de Ponteareas aprobou no último pleno do ano, celebrado onte, solicitar ao Estado a cesión dun tramo da N-120, tal e como xa llo propuxera a alcaldesa Nava Castro ao subdelegado do goberno Abel Losada na reunión mantida hai unhas semanas. O Pleno acordou facultar á alcaldesa como representante do Concello en todos os trámites e comezar así coa solicitude de cesión do tramo da estrada N-120 dende a Capela dos Remedios a IES Barral para que bese tramo urbano sexa a estrada municipal.

Este cambio de titularidade permitirá unha intervención máis áxil na mellora da seguridade do alumnado do IES do Barral e da veciñanza da contorna, unha planificación do territorio en función das necesidades locais e superar as trabas que actualmente dificultan a rehabilitación das vivendas catalogadas, especialmente en áreas históricas como o casco vello de Ponteareas, onde a situación actual está provocando a degradación urbana e o incremento de vivendas baleiras. A titularidade municipal facilitará a realización de proxectos que promovan a revitalización da contorna e o aproveitamento destes inmobles.

Ao pasar a ser unha estrada municipal simplificaranse significativamente os procedementos administrativos. Isto axilizará a execución de iniciativas locais, permitindo ao Concello responder con maior rapidez ás necesidades da comunidade.

Unha das principais preocupacións á que poderá responder este cambio é a mellora da seguridade e accesibilidade, especialmente en zonas sensibles como os accesos ao IES do Barral. Coa cesión, poderase acometer obras específicas para garantir a seguridade das e dos escolares e demais usuarios do vial, mellorando as condicións de tránsito e reducindo riscos asociados.

Explica a alcaldesa, Nava Castro, que “a cesión solicítase considerando que a titularidade municipal redundará no beneficio público e permitirá atender máis eficazmente as necesidades urbanísticas e de mobilidade da poboación”.

A concelleira de Urbanismo, Silvia Fdez Táboas explica que a titularidade municipal posibilitará integrar este tramo dentro da planificación urbana e das estratexias de mobilidade sustentable do Concello, permitindo unha xestión máis coherente e adaptada ás prioridades locais. “Un feito que contribuirá ao desenvolvemento económico e social ao facilitar infraestruturas máis funcionais e orientadas ao crecemento urbano”.

Ao asumir o Concello a xestión directa do vial, garantirase un mantemento máis eficiente e unha capacidade de resposta inmediata ante calquera necesidade, desde reparacións ata melloras na sinalización ou adecuacións no deseño do vial. A cesión, por tanto, representa unha oportunidade para reforzar a autonomía municipal e mellorar a calidade de vida da veciñanza de Ponteareas.

Relacionadas

Carral asina o novo contrato de prestación do Servizo de Axuda non Fogar

0
• Ten unha duración de 2 anos máis un de prórroga e contará cun orzamento total de 1.604.730,40 euros. • Este servizo prestará un total...

A Cabalgata dos Reis Magos percorrerán na fin de semana

0
O domingo tamén haberá unha festa infantil desde as 17:00 horas no pavillón do IES Agra de Leborís para agardar por Melchor, Gaspar e...

A Laracha acollerá o mércores unha charla informativa para resolver dúbidas sobre a factura...

0
Pódese confirmar a asistencia no departamento municipal de Servizos Sociais. O Concello e o Equipo Comarcal de Inclusión Social do Consorcio Galego de Servizos de...

O Porriño celebra o Nadal cun mes repleto de actividades e diversión asegurada!

0
Desde unha pista de patinaxe ata a Cabalgata Real, sen faltar a tradicional festa Pre-Fin de Ano, a programación promete momentos inesquecibles para pequenos...

Mos presenta a súa programación de Nadal

0
Os pratos fortes serán o acto de acendido do alumeado, a Feira do Comercio ‘Queda en Mos’, as Rondallas en Puxeiros, a Festa do...

Actividades con motivo do 25N en San Sadurniño

0
 Hoxe, con motivo das actividades do 25N, estivo con nós na Escola Infantil Municipal "A Rolada" a ilustradora e contadora de historias Marisa Irimia...

Publicacións Relacionadas