Home Pontevedra Caldas Oito alumnos de albanelería e o experto docente acondicionan unha vivenda municipal...

Oito alumnos de albanelería e o experto docente acondicionan unha vivenda municipal na estación de Portas

- Anuncio -

O alcalde Ricardo Martínez, e a directora do Obradoiro de Emprego Xuvenil, María del Carmen Vidal, comprobaron o avance dos traballos que levan a cabo os alumnos-traballadores

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e a directora do Obradoiro de Emprego Xuvenil dos concellos de Moraña, Portas e Valga, María del Carmen Vidal, visitaron aos oito alumnos e ao experto docente que están levando a cabo o acondicionamento interior dunha vivenda municipal na Estación de Portas dentro do proceso formativo do módulo de albanelería.

Esta actuación, cando as condicións metereolóxicas o permiten, esta sendo combinada coa de mellora do peche do Campo de Fútbol Municipal da Rapeira, no cal se están levando a cabo limpezas e pintado interior como exterior.

As primeiras actuacións destes 8 alumnos centráronse en demolicións de alicatado, de tabique, retirada de sanitarios e levantamento de retirada de mobiliario de cociña e existente nas outras dependencias da vivenda. Están realizando tamén o levantamento de tabique novo para unha distribución dun baño accesible con armazón para porta corredoira.

SANEAMENTO DE PAREDES, ELECTRICIDADE E FONTANERÍA

Asemade os alumnos realizan o saneamento das paredes das demais dependencias da vivienda, alisando a pintura existente e preparandoa para a realización de instalacións de electricidade e fontanería. Tamén están ampliando todas as portas da vivienda tanto a exterior como as interiores dándolle así accesibilidade á mesma.

O alcalde de Portas, Ricardo Martinez, valorou moi positivamente os resultados da posta en marcha deste Obradoiro de Emprego Xuvenil dos concellos de Moraña, Portas e Valga e salientou o alto grao de autonomía que presentan os alumnos unha vez pasada unha formación inicial teórica e de prácticas.

O Obradoiro deu comezo o pasado 14 de outubro e ten unha duración de un ano e participan 16 mozos e mozas desempregados de ata 30 anos de idade. Esta convocatoria está cofinanciada pola Unión Europea nunha porcentaxe do 60 %, a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Relacionadas

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

Baiona presenta a imaxe da Festa da Arribada 2025

0
Baiona desvela a imaxe da XIX Festa da Arribada 2025, que se celebrará do 28 de febreiro ao 2 de marzo, nun acto en...

O concello do Porriño rende homenaxe aos gañadores do concurso ‘Internetional Dragon’s Den’

0
Os estudantes presentaron aos asistentes o seu proxecto “Greenpocket Solutions” xunto cun prototipo do produto 'Eco Snack Bag', amosando a súa proposta innovadora de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Marín para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

Publicacións Relacionadas