HomeOurensePodemos Ourense reclama a intervención urxente de Patrimonio para evitar novos danos...

Podemos Ourense reclama a intervención urxente de Patrimonio para evitar novos danos no conxunto histórico de Bispo Cesáreo

- Anuncio -spot_img

En Podemos Ourense presentamos un requirimento urxente á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural solicitando medidas cautelares inmediatas para paralizar o montaxe ou desmontaxe do gran árbol de Nadal previsto na rúa Bispo Cesáreo, espazo declarado Ben de Interese Cultural (BIC) dentro do conxunto histórico da cidade.

A formación lembra que este ámbito inclúe tamén a Fonte de Oseira, actualmente en trámite de declaración como BIC grazas á solicitude presentada polo propio lider de Podemos Ourense, o que reforza a obriga de protección e de control das actuacións neste contorno.

A instalación de grandes estruturas metálicas e cableado sobre o empedrado e os bancos de pedra compromete gravemente a conservación do patrimonio, como xa se comprobou no Nadal de 2023, cando o desmontaxe do anterior árbol causou danos visibles nos bancos de pedra e na pavimentación, tal e como recolleu o diario La Región no artigo “El ‘taladrazo’ de Navidad daña los bancos de Bispo Cesáreo en Ourense”.

Por iso, desde Podemos Ourense pedimos á Xunta inste ao Concello que acorde unha nova ubicación para estas instalacións fóra do ámbito protexido, e que Patrimonio adopte medidas cautelares inmediatas para evitar danos irreparables.
“A prioridade é protexer o noso patrimonio. Non podemos seguir poñendo en risco bens históricos por un adorno temporal”, sinala o noso portavoz Francisco Diéguez.

Ademais, desde Podemos Ourense advertimos que se Patrimonio non responde con celeridade e actúa nestes próximos días, levarán o caso ante a Fiscalía a vindeira semana, para que se investigue se houbo neglixencia ou incumprimento das obrigas de conservación do patrimonio cultural.
“Xa está ben de mirar para outro lado. Se non hai resposta, acudiremos á Fiscalía. Non imos permitir que se repita outro ‘taladrazo’ sobre a pedra de Ourense”, afirma Diéguez

O requirimento presentado tamén insta a abrir unha investigación oficial sobre os danos do Nadal pasado e a informar con urxencia das medidas adoptadas pola administración autonómica.

Publicacións Relacionadas