O salón de plenos acolleu esta mañá a presentación do primeiro torneo de mus Concello de Ourense San Martiño, que organiza a Asociación de Museiros Ourensáns coa colaboración do Concello. Será o sábado, 9 de novembro, durante todo o día, desde as 10.00 da mañá, no Liceo, e contará coa participación de máis de cen museiros e museiras. Asistiron á presentación o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco, o presidente da asociación, Antonio Losada, e a vogal, Ana María González. O campionato forma parte da programación actividades que desenvolve o Concello con motivo da celebración da festividade de San Martiño – Magosto 2024
O torneo contribuirá a darlle aínda máis visibilidade a un xogo en alza na cidade de Ourense, que todos os xoves do ano reúne a numerosos afeccionados e afeccionadas para xogar en diferentes puntos da cidade. A Asociación de Museiros Ourensáns agrupa ao redor de mil socios e socias.