HomeSin categoríaRafa Domínguez inaugura na UNED o seminario internacional “Volver a ser humanos”...

Rafa Domínguez inaugura na UNED o seminario internacional “Volver a ser humanos” que reúne figuras do pensamento e a creación contemporánea como clausura da Bienal de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

“Este será un gran punto de encontro para reflexionar arredor das guerras actuais, que condicionan a vida cotiá de millóns de persoas”, subliñou o vicepresidente provincial quen engadiu que será “unha oportunidade para analizar o impacto das guerras e o papel da arte, da memoria e do pensamento como elementos de resistencia, sanación e esperanza”

Rafa Domínguez acaba de inaugurar na UNED o seminario internacional “Volver a ser humanos”, que reúne figuras do pensamento e a creación contemporánea para poñer o broche de ouro á 32ª Bienal de Arte de Pontevedra. No acto de arranque do seminario, o vicepresidente provincial estivo acompañado de Sergio Martínez Luna, vicedecano de estudantes da UNED, e Antón Castro e Agar Ledo, equipo comisarial da Bienal.

En palabras do vicepresidente “este seminario é un punto de encontro para reflexionar arredor das guerras actuais que condicionan a vida cotiá de millóns de persoas e unha oportunidade para analizar o impacto da guerra no presente e o papel da arte, da memoria e do pensamento como elementos de resistencia, sanción e esperanza”.

“Volver a ser humanos” está dirixido por Sergio Martínez Luna, vicedecano e profesor de Filosofía da UNED, coa codirección de Antón Castro e Agar Ledo Arias, comisario e comisaria adxunta da Bienal, e a coordinación de Rafael Cotelo Pazos. O arranque do seminario internacional “Volver a ser humanos” contou este xoves coa participación de Ángela Molina Climent e Rob Riemen. Mañá, venres 26 de setembro, daranse cita na UNED Alberto Barreiro, Demetrio Paparoni, Emily Jacir e Miki Kratsman, e concluirá o sábado coa participación de Françoise Vergès e Francesca Ferrando.

O seminario reúne recoñecidas personalidades da reflexión e da creación contemporáneas: a crítica de arte e filóloga Ángela Molina Climent; o ensaísta neerlandés e fundador do Nexus Institute Rob Riemen; a teórica política e comisaria Françoise Vergès; o artista e estratega Alberto Barreiro; o crítico de arte e comisario italiano Demetrio Paparoni; a artista, escritora e cineasta palestina Emily Jacir; o fotógrafo israelí fundador da organización Breaking the Silence Miki Kratsman; a politóloga fancea antirracista e feminista Françoise Vergès; e a filósofa Francesca Ferrando, especialista en estudos poshumanos e profesora na Universidade de Nova York.

Publicacións Relacionadas