Taboada informa a Jesús Otero de que a subvención que pretende conseguir destas estradas xa foi concedida tras a petición que Taboada e Crespo (alcalde de Lalín) realizaron conxuntamente no seu día.
Taboada a través deste comunicado quere agradecer ao alcalde de Lalín a súa boa predisposición para realizar esta petición para arranxar os viais de Fontao a San pedro de Losón que na súa traxectoria pasan por Porto do Carrio, pertencente a Lalín e por Penagudín de Vila de Cruces.
Taboada vese obrigado a sacar este comunicado ao ver as declaracións do señor Jesús Otero no Faro de Vigo de hoxe, onde di que vai solicitar que a Xunta de Galicia axude con algún tipo de subvención ao concello de Vila de Cruces, para poder facer fronte á reparación do firme destes viais.
Algo que a Taboada parécelle inaudito, xa que hai xa tempo o propio alcalde Taboada en compañía do alcalde de Lalín José Crespo, realizaron conxuntamente esta petición ao ser os beneficiarios ambos os concellos, unha petición que xa tubo contestación pola administración confirmando que van poñer os fondos necesarios para a reparación do firme desde Fontao ata San Pedro de Losón, pasando por Penagudín e Porto do Carrio.
O alcalde Taboada agradece enormemente ao a oposición do PP moi especialmente ao señor Jesús Otero, a súa boa predisposición para solicitar este tipo de subvencións á Xunta, e anima ao señor Otero a que continúe nesta liña, pero tamén lle pide que se informe antes de sacar notas de prensa para que non leven a malos entendidos e que non volva solicitar algo que xa está concedido, é máis Taboada anímao a seguir nesta liña porque se necesitan moita máis colaboración das institucións xa que Vila de Cruces está composta por 28 parroquias que necesitan moitos investimentos tras máis de 20 anos de abandono do anterior goberno.