Home Pontevedra Baixo Miño Tarde de música, homenaxe e emoción no Rosal co concerto de Santa...

Tarde de música, homenaxe e emoción no Rosal co concerto de Santa Icía 2024

- Anuncio -

A Agrupación Musical do Rosal conmemora este día cun concerto este sábado 23 coa colaboración especial do pianista Javier Ares e homenaxe a Antonio Granja e Suso González

Ás 19.00 h no auditorio municipal con entrada de balde

O Rosal prepárase para vivir unha xornada especial para conmemorar Santa Icía, patroa dos músicos. A Agrupación Musical do Rosal prepara para este sábado 23 de novembro un espectacular concerto que encherá o auditorio municipal de emoción e talento para celebrar unha das citas máis agardadas do ano.
Baixo a batuta de Javier Alonso, o concerto contará cun programa excepcional que inclúe a benvida aos novos membros da banda, que debutarán nunha tarde repleta de grandes momentos. Nesta ocasión, a Agrupación contará ademais coa colaboración especial do pianista Javier Ares, catedrático no Conservatorio Superior de Música da Coruña, que achegará a súa mestría cunha actuación que promete ser inesquecible.
Outro dos momentos destacados será a homenaxe a Antonio Granja e Suso González, figuras clave na Agrupación Musical do Rosal, cunha dedicación e legado que deixaron unha fonda pegada na comunidade musical rosaleira. A Agrupación aproveitará o concerto de Santa Icía para compartir ademais co público a ledicia do primeiro premio acadado recentemente no Certame Galego de Bandas.
O concerto comezará ás 19.00 horas e terá entrada de balde. Dende o Concello convídase a toda a veciñanza a gozar dunha tarde única de música, recoñecemento e celebración, consolidando así o concerto de Santa Icía como unha cita imprescindible no calendario cultural do Rosal.

Relacionadas

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

Unanimidade en Salceda ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo...

0
O Pleno aproba o proxecto por valor de 856.850,01 € para dar servizo a 115 vivendasO Goberno presenta o proxecto no Plan Provincia extraordinaria...

O concello presenta o seu espazo de conciliación para este Nadal

0
Este ano haberá 4 horarios para conciliar nas vacacións de Nadal, dende o 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Trátase dun espazo de...

Publicacións Relacionadas