Home Pontevedra Baixo Miño Tui inicia a conta a conta atrás para a celebración do seu...

Tui inicia a conta a conta atrás para a celebración do seu Mercado de Nadal que amplía duración e duplica as casetas de expositores

- Anuncio -

Vén de abrir o prazo de solicitude para este evento que se vai celebrar do 30 de novembro ao 5 de xaneiro no Paseo da Corredoira

O Mercado de Nadal de Tui regresará ao céntrico Paseo da Corredoira do 30 de novembro ao 5 de xaneiro, ampliando a 37 os días de celebración e a 20 as casetas de postos dispoñibles, duplicando as da pasada edición.
Serán case 40 días nos que tanto tudenses coma visitantes poderán gozar da maxia de Nadal en cada un dos postos a través de produtos propios destas datas coma agasallos, decoración, plantas, artesanía, e gastronomía. Precisamente a metade das casetas, un total de 10, conformarán un espazo gastronómico de Nadal no mercado onde as especialidades desta datas e as tradicionais farán a delicias das persoas visitantes.
O Concello de Tui, organizador do evento, busca co mesmo promover o comercio local, dinamizar a vida no centro da cidade e ofrecer unha experiencia de Nadal única tanto para residentes como para visitantes, nun dos eventos máis agardados da programación festiva.
O Mercado de Nadal volverá ser do 30 de novembro ao 5 de xaneiro un lugar de encontro, de tradición e de sabor.
As persoas interesadas en participar coma expositores poden presentar a súa solicitude, a través do formulario habilitado en liña, até ás 23 h do martes 5 de novembro. Amais deberán enviar tres fotografías representativas do seu produto a mercadonadaltui@gmail.com. Ao cubrir o formulario deberán indicar os produtos a expor e se son fabricados artesanalmente, entre outras cuestións, así coma indicar a quenda ou quendas nas que está interesado en participar. A primeira quenda será do 30 de novembro ao 12 de decembro de 2024, a segunda do 13 ao 24 de decembro de 2024 e a terceira do 26 de decembro de 2024 ao 5 de xaneiro de 2025.
As bases completas pódense consultar en tui.gal podendo ampliar a información no departamento de Comercio e Turismo.

Relacionadas

Luis López cita un turismo sustentable, desestacionalizado e centrado no territorio como piares comúns...

0
O presidente provincial participa en Ribadumia na presentación do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés que impulsa a Mancomunidade para o período 2024-2028 O presidente...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

0
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral...

O PP esixe o cumprimento do acordo plenario de 2023 para o arranxo e...

0
• Pardo: “Os nenos teñen dereito a xogar en plenas condicións de seguridade e salubridade, porque hai zonas infantís que se converteron no refuxio...

A ponte sobre o río Cotarel volve unir as parroquias de Randufe e Pazos...

0
A infraestrutura vírase afectada polas choivas de xaneiro de 2023. As obras, cun investimento superior aos 192 mil euros, recuperaron o trazado orixinal do...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo...

0
O presidente provincial Luis López remarcou que a actividade, que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial...

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán este venres do novo modelo...

0
O alcalde de Soutomaior explicará a proposta do Goberno de Soutomaior para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O BNG de Soutomaior...

Publicacións Relacionadas