HomeA CoruñaV Urban Trail Polígono de Bergondo

V Urban Trail Polígono de Bergondo

- Anuncio -spot_img

O 11 de outubro celebrarase o V Urban Trail Polígono de Bergondo, unha proba solidaria organizado pola Comunidade de Propietarios do Polígono de Bergondo e o Concello de Bergondo, en colaboración co Club Atlético Bergondo, na que todo o recadado irá parar á Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer A Coruña (AFACO).

Terá lugar de 17:30 a 19:30 horas. A carreira absoluta terá unha distancia de 6 quilómetros, a sub-14 e sub-16 será de 1.000 metros, a sub-10 de 500 metros e a de Prebenjamin e Pitufos de 100 metros. Ademais, tamén levará a cabo unha andaina de 6 quilómetros.

As probas disputaranse no Polígono de Bergondo, con saída e chegada en cálea Parroquia de Rois, á altura da parcela F11.

As inscricións estarán abertas ata o 9 de outubro a pódenas formalizarse na web www.carreirasgalegas.com. Para máis información, a través do correo administracion@poligonobergondo.com e o teléfono 981 795 422.

Publicacións Relacionadas