HomePontevedraVila de Cruces plántea un irmanamento con Serro Ventoso unha freguesía portuguesa...

Vila de Cruces plántea un irmanamento con Serro Ventoso unha freguesía portuguesa do concelho de Porto de Mós

- Anuncio -spot_img

O presidente da freguesía Carlos Manuel Amado visitou no día de onte a casa Consistorial, onde se reuniu co grupo do goberno.

O grupo de Goberno de Vila de Cruces, expúxolle  o presidente da freguesía portuguesa de Serro Ventoso, a posibilidade de irmanamento o cumprir cos requisitos establecidos o ter en común por exemplo a festa do galo, sendo o Galo a imaxe por excelencia de Portugal e tamén celebrada nesta freguesía de Porto de Mós.

Julio López xa intentará o ano pasado poder reunirse co señor Carlos Manuel Amado presidente da Freguesía Serro Ventoso, pero por mor da pandemia foi totalmente imposible.

A relación con esta Freguesía xa ven de anos atrás, pero nunca se propuxera dar un paso máis e lograr un irmanamento, un irmanamento que como di Luis Taboada, non podía chegar en mellor momento, xa que vamos a necesitar fomentar o turismo e a nosa cultura fora das nosas fronteiras, e que mellor que promocionarnos no noso pais veciño Portugal.

Coa visita do Señor Carlos Amado, dáse o primeiro paso nas relacións institucionais, para continuar cos trámites neste irmanamento que beneficiará a os dous concellos tanto o de Vila de Cruces como o de Porto de Mós.

Na conversa mantida, quedouse que en canto a pandemia nos permita unha mobilidade máis aberta, o grupo de Goberno desprazares ata Serro Ventoso, para devolver a visita e continuar coa posibilidade do irmanamento.

Desde o Concello Luis Taboada agradece a Carlos Amado presidente da freguesía, a súa boa predisposición, e pódese dicir que xa contamos con unha gran amizade, que esperamos que en breve sexa un irmanamento.

Publicacións Relacionadas