Home Xunta de Galicia A 17ª promoción de Policía Local comeza o curso básico selectivo para...

A 17ª promoción de Policía Local comeza o curso básico selectivo para cubrir prazas nunha trintena de concellos

- Anuncio -

― O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, deulles a benvida aos futuros axentes na Academia Galega de Seguridade Pública, onde realizan a formación


― O período formativo remata o 3 de outubro e inclúe prácticas durante o verán nas localidades de procedencia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, deulles hoxe a benvida na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) aos integrantes da 17ª promoción da Policía Local, que inician o curso básico selectivo para cubrir as correspondentes prazas en 32 concellos.

Na súa intervención, o director xeral destacou a vocación de servizo público que esixe formar parte dos corpos e forzas de seguridade, así como a dedicación e capacidade de entrega en beneficio da cidadanía. Santiago Villanueva tivo palabras tamén de ánimo para afrontar os retos que presenta esta ampla formación, na que os futuros axentes deberán adaptarse a unha intensa actividade lectiva e unha estrita disciplina diaria na academia.

A formación inclúe dous períodos centrados na teoría, desde hoxe ao 27 de xuño e do 29 de setembro ao 3 de outubro, e outro dedicado á práctica, de xullo a setembro e desenvolvida nos seus concellos de procedencia. Abordaranse módulos relacionados cos ámbitos xurídico, operativo, asistencial, técnico, ou social-humanístico, así como policía de tráfico, administrativa, xudicial e de investigación, tendo máis de 900 horas lectivas na Agasp, xunto coas 500 horas de prácticas.

Desta nova promoción forman parte os aspirantes que superaron o proceso selectivo unitario para optar a 90 prazas en 32 concellos, ás que se suman outras 15 prazas doutros cinco municipios que convocaron as vacantes á marxe das oposicións unificadas.

O curso básico é o último paso antes de que os integrantes da promoción poidan ser nomeados funcionarios de carreira. Previamente tiveron que superar os cinco exercicios do proceso selectivo: o test de coñecemento, a proba de lingua galega para as persoas aspirantes non exentas, as probas físicas, a proba psicotécnica para determinar as actitudes e aptitudes persoais e a súa adecuación ás funcións policiais e, por último, o recoñecemento médico para garantir que as persoas aspirantes estean nas condicións axeitadas para o desenvolvemento das funcións policiais.

Proceso selectivo unificado
A finais do ano 2017 a Xunta aprobou e publicou o decreto 115/2017 para regular a cooperación da Xunta cos concellos que, voluntariamente, decidan delegar na Administración autonómica a selección dos seus corpos de Policía Local. O obxectivo desta iniciativa é aforrar xestións, orzamento e tempo ás entidades locais, ao tempo que se dota ao proceso de maior transparencia e axilidade. A maiores, a confección de listas única facilita tamén a contratación.

Ademais de formar as promocións de policía local e auxiliares e das categorías de mando, a Agasp é o centro de referencia da formación das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias, cun amplo plan de formación continua anual.

Relacionadas

Galicia rexistra en 2025 o terceiro mes de xaneiro máis cálido dos últimos sesenta...

0
— O avance do informe mensual de MeteoGalicia indica que a temperatura media para este mes foi de 9,8 graos, polo que se considera...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

A Xunta contribúe a eliminar un punto de vertido de augas residuais no concello...

0
Os técnicos de Augas de Galicia detectaron a incidencia tras a notificación dunha alerta recibida polos servizos de emerxencias A Consellería de Medio Ambiente e...

A Xunta advirte de que o novo mapa concesional de transporte por estrada proposto...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, sinalou hoxe no Parlamento galego que a medida que pretende “impoñer” o Executivo estatal “sen diálogo coas...

A Xunta avanza na elaboración da estratexía Mocidade Activa apostando por un enfoque transversal...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, mantivo unha reunión de traballo coa directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e coa...

Rueda destaca a inversión da Xunta para poñer en marcha a primeira planta pública de Galicia para...

0
 Salienta que as novas instalacións, nas que a Xunta inviste 25 millóns de euros, estarán operativas no segundo trimestre de 2026  A Xunta...

Publicacións Relacionadas