Home Pontevedra O Salnés A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés activa na capital provincial...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés activa na capital provincial unha nova unidade de Fisioterapia de Atención Primaria no Centro de Saúde Virxe Peregrina

- Anuncio -

― Cunha inversión económica por parte da Administración Sanitaria Pública galega de máis de 170.000 euros tanto para a obra civil coma para o seu equipamento, esta nova unidade reforza a existente no centro de saúde pontevedrés de A Parda

― Dispón de tres fisioterapeutas e material necesario para tratamentos de Atención Primaria orientados á promoción do exercicio físico, as intenvencións comunitarias e diversos programas de orientación ao exercicio activo

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés activa a partires de hoxe, luns 18 de outubro, unha nova unidade de Fisioterapia de Atención Primaria emprazada no centro de saúde pontevedrés de Virxe Peregrina.

Cunha inversión económica por parte da Administración Sanitaria Pública galega de máis de 170.000 euros tanto para a obra civil coma para o seu equipamento, esta nova unidade de Fisioterapia de Atención Primaria en Virxe Peregrina reforza a que xa presta servizo no centro de saúde pontevedrés de A Parda.

Esta unidade de Fisioterapia de Atención Primaria dispón dun espazo físico de 135 metros cadrados de dependencias, emprazadas no andar soto do centro de saúde capitalino, e contan cunha distribución que inclúe unha sala de exercicios físicos e tratamentos, catro cabinas específicas para aplicar técnicas de fisioterapia, un despacho para os profesionais desta especialidade asistencial, sala de espera e vestiarios con aseos.

Cadro profesional de tres fisioterapeutas
A nova unidade de Fisioterapia de Atención Primaria no centro de saúde de Virxe Peregrina conta cun cadro profesional de tres fisioterapeutas así coma con material necesario para tratamentos de Atención Primaria orientados á promoción do exercicio físico, as intenvencións comunitarias e diversos programas de orientación ao exercicio activo.

Estas iniciativas continúan a ser un obxectivo prioritario para a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cara a continuar avanzando na prevención tanto do sedentarismo coma na educación poboacional e nos autocoidados das persoas.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

A Xunta defende a utilidade pública do deporte como fonte de saúde e benestar

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde no III Foro Económico Español ‘A Galicia que vén’, celebrado na Coruña,...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

Publicacións Relacionadas