HomePontevedraCaldasA Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa en Moraña a...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa en Moraña a detección da Covid 19 con novos cribados con test rápidos de antíxenos que se efecturán no Centro de Saúde desta localidade

- Anuncio -spot_img

Esta iniciativa preventiva terá lugar durante as tardes desde mañá mércores 3 de febreiro ata o vindeiro venres 5 de febreiro a partires das 15:30 horas

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa nas vindeiras datas no Concello de Moraña con novos cribados poboacionais con test rápidos de antíxenos, cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de COVID 19 nesta localidade.

Este cribado voluntario terá lugar no centro de saúde de Moraña durante as tardes desde mañá mércores 3 de febreiro ata o vindeiro venres 5 de febreiro de 2021, a partires das 15:30 horas. Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega vai convocar, vía SMS telefónico, á poboación morañesa dentre 40 a 79 anos de idade, colectivo que nesta localidade acada a arredor das 1.900 persoas.

Para levar a cabo este cribado, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contará no centro de saúde de Moraña con tres equipos de enfermaría en cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras e información aos usuarios.

Probas para aumentar a cifra de casos detectados
Este tipo de probas que se efectuarán desde mañá mércores ata o vindeiro venres en Moraña serven para aumentar a cifra de casos asintomáticos detectados.

Os resultados negativos destes cribados serán comunicados por SMS, mentres que os positivos notificaránse contactando directamente vía telefónica con cada persoa.

Publicacións Relacionadas