HomePontevedraO SalnésA Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa en Soutomaior a...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa en Soutomaior a detencción da Covid 19 con novos cribados con test rápidos de antíxenos que se efecturán no Centro de Saúde de Arcade

- Anuncio -spot_img

Esta iniciativa preventiva terá lugar desde mañá martes 2 de febreiro ata o vindeiro venres 5 de febreiro en horario de tarde, a partires das 15:30 horas, durante os catro días

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa nas vindeiras datas no Concello de Soutomaior con novos cribados poboacionais con test rápidos de antíxenos, cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de COVID 19 nesta localidade.

Este cribado voluntario terá lugar no centro de saúde de Arcade en horario de tarde, a partires das 15:30 horas, desde mañá martes 2 de febreiro ata o vindeiro venres 5 de febreiro de 2021. Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega vai convocar, vía SMS telefónico, á poboación de Soutomaior de 40 a 79 anos de idade, colectivo que nesta localidade acada a arredor das 2.885 persoas.

Para levar a cabo este cribado, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contará no centro de saúde de Arcade con tres equipos de enfermaría en cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras e información aos usuarios.

Detección e maior abano diagnóstico
Este tipo de probas que se efectuarán desde mañá martes ata o vindeiro venres en Soutomaior serven para aumentar a cifra de casos detectados, á vez que amplían o abano diagnóstico, pois permiten diferenciar entre infeccións agudas, avanzadas ou curadas.

Os resultados negativos destes cribados serán comunicados por SMS, mentres que os positivos notificaránse contactando directamente vía telefónica con cada persoa.

Publicacións Relacionadas