HomePontevedraPoioA Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés continuará mañá no concello...

A Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés continuará mañá no concello de Poio cos cribados poboacionais con PCR cara a ampliar a detencción da Covid 19

- Anuncio -spot_img

Tanto a Administración Sanitaria Pública galega coma o Consistorio poiense tiveron constancia na xornada de hoxe dunha información infundada e non real que cuestionaba a orde pública e a seguridade cidadá no punto de cribado no lugar de O Vao, extremo que se nega completamente
Esta iniciativa preventiva conta cun equipo de enfermaría -que efectúa os controis da realización das tomas de mostras e aporta información aos usuarios- e dispón da presencia de efectivos da Policía Local e Protección Civil do Concello de Poio en tarefas de control de accesos a pé e en vehículos, velando en todo momento polo cumprimento das medidas de seguridade

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continuará mañá mércores 20 de xaneiro no lugar de O Vao, en Poio os cribados poboacionais comezados hoxe cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que pretende reducir a cifra de contaxios de coronavirus nesta localidade.

En coordinación co Concello de Poio, este cribado voluntario con PCR está a ter lugar nunha carpa específica emprazada na explanada xunto ao local social da Asociación de Veciños de O Vao, na parroquia de San Salvador, dende as 9 da mañá. Nesta iniciativa preventiva convocouse entre hoxe e mañá a arredor de 420 veciños residentes neste lugar do Concello poiense, que se están a achegar sen incidencias ao punto de cribado.

Normalidade da actuación sanitaria
Neste senso, tanto a Administración Sanitaria Pública galega coma o Concello de Poio tiveron constancia durante a xornada de hoxe dunha información infundada e non real que cuestionaba a orde pública e a seguridade cidadá neste punto de cribado, extremo que se nega completamente, garantindo a normalidade no desenvolvemento da actuación sanitaria.

Esta iniciativa preventiva conta cun equipo de enfermaría -que efectúa os controis da realización das tomas de mostras e aporta información aos usuarios- e dispón así mesmo neste punto de cribado da presencia de efectivos da Policía Local e Protección Civil do Concello de Poio en tarefas de control de accesos a pé e en vehículos, velando en todo momento polo cumprimento das medidas de seguridade.

Publicacións Relacionadas