Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega convocou, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación marinense dentre 30 a 65 anos de idade con tarxeta sanitaria activa nos centros de saúde deste Concello, colectivo que nesta localidade acada as 12.763 persoas
Os cribados poboacionais con test de saliva efectuados durante a pasada semana no Concello de Marin pola Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés detectaron un total de trece casos positivos de COVID 19.
Cómpre lembrar que este cribado voluntario tivo lugar nun punto específico habilitado no aparcamento entre a Escola Naval e o Porto marinense entre os pasados martes 23 e sábado 27 de febreiro.
Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega convocou, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación de Marin dentre 30 a 65 anos de idade con tarxeta sanitaria activa nos centros de saúde deste Concello, colectivo que nesta localidade acada as 12.763 persoas .
67 por cento da convocatoria voluntaria
Finalmente, achegáronse a efectuar o cribado, entregando as súas mostras de saliva, un total de 8.538 cidadáns, cifra que representa unha porcentaxe do 67 por cento da convocatoria voluntaria.
Para levar a cabo dito cribado, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contou entre os pasados martes 23 e sábado 27 de febreiro no aparcamento entre a Escola Naval e o Porto de Marin cun cadro de 14 profesionais, coordinados por un médico, que realizaron tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, entrega de tubos para as mostras de saliva e información aos usuarios. A totalidade das mostras tomadas no Concello de Marín procesáronse no servizo de Microbioloxía da Área Sanitaria de Vigo.
Tanto aos 13 positivos por COVID detectados nos cribados de Marin coma a outros 53 casos aos que non se lles pudo procesar a mostra -por volume insuficiente, por viscosidade excesiva ou por ser mostras sen rexistro- se lles vai citar de novo na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés para realizar unha PCR para confirmar resultados.