HomePontevedraO SalnésA Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés efectuará durante a vindeira...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés efectuará durante a vindeira semana no Centro de Artención Primaria de O Toural en Vilaboa novos cribados con test rápidos de antíxenos

- Anuncio -spot_img

Esta iniciativa preventiva terá lugar durante as tardes dos vindeiros luns 15, martes 16 e mércores 17 de febreiro de 2021, a partires das 15:30 horas
Vaise convocar, gradualmente e vía SMS telefónico, a 2.722 persoas de 40 a 79 anos que teñan a súa tarxeta sanitaria activa con asignación no centro de saúde deste Concello

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa durante a vindeira semana no Concello de Vilaboa con novos cribados poboacionais con test rápidos de antíxenos con mostra nasofarínxea, cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de COVID 19 nesta localidade.

Este cribado voluntario terá lugar nas dependencias do Centro de Atención Primaria de O Toural deste Concello de Vilaboa durante as tardes dos vindeiros luns 15, martes 16 e mércores 17 de febreiro de 2021, a partires das 15:30 horas.

Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega vai convocar, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación vilaboense dentre 40 a 79 anos de idade que teñan a súa tarxeta sanitaria activa con asignación no centro de saúde deste Concello, colectivo que nesta localidade acada as 2.722 persoas.

Para levar a cabo este cribado, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contará desde o vindeiro luns ata o vindeiro mércores no centro de saúde de O Toural con tres equipos de enfermaría en cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das mostras nasofarínxeas e información aos usuarios. Os resultados negativos serán comunicados por SMS pola Área Sanitaria, mentres que os positivos notificaránse contactando directamente vía telefónica con cada persoa

Máis cribados preventivos en centros residenciais
Tamén durante a vindeira semana, o SERGAS prevé efectuar máis cribados preventivos en diversos centros residenciais desta área sanitaria. Así, o vindeiro xoves 18 de febreiro efectuaránse nas residencias Méndez Núñez de Pontevedra, Valvanera de Cambados e Bata de Vilagarcía de Arousa. E xa o vindeiro sábado 20 de febreiro contémplanse novos cribados nas residencias pontevedresas de Campolongo e Saraiva, así coma a Residencia de Marin.

Publicacións Relacionadas