- Con data uno de xuño de 2022 procedeuse a efectuar unha reorganización funcional interna do Servizo de Radiodiagnóstico, que manterá de xeito permanente un equipo de radiólogos de garda presencial nesta Àrea Sanitaria
- Dito equipo continuará a informar clínicamente os resultados de todas as probas radiolóxicas urxentes que se efectúen e requiran ao longo de todo o ano nos hospitais Montecelo, Provincial e O Salnés, manténdose con plena garantía asistencial para toda a poboación de referencia nambos distritos sanitarios
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés garante a cobertura e continuidade da atención radiolóxica urxente en calquera dos seus tres centros hospitalarios.
Cómpre sinalar que con data uno de xuño de 2022 procedeuse a efectuar unha reorganización funcional interna do servizo de Radiodiagnóstico, que manterá de xeito permanente un equipo de radiólogos de garda presencial nesta Àrea Sanitaria e que, como xa se viña efectuando habitualmente, continuará a informar clínicamente os resultados de todas as probas radiolóxicas urxentes que se efectúen e requiran ao longo de todo o ano nestes centros.
Plena garantía asistencial
A devandita reorganización funcional non afectará á realización deste tipo de probas en ningún dos tres hospitais da Àrea Sanitaria -Montecelo, Provincial e O Salnés- manténdose con plena garantía asistencial para toda a poboación de referencia nambos distritos sanitarios.