HomePontevedraA campaña de formación e prevención Corta o risco químico, peitea con...

A campaña de formación e prevención Corta o risco químico, peitea con seguridade

- Anuncio -spot_img

― A iniciativa da Consellería do Promoción do Emprego e Igualdade lévase a cabo no marco das actuacións do Issga dirixidas á promoción da prevención de riscos laborais en sectores e actividades económicas feminizadas ou con alta presenza de mulleres

― A actuación busca que as persoas traballadoras en salóns de peiteado podan identificar os produtos perigosos, as prácticas de traballo inadecuadas e as condicións dos locais que poidan xerar riscos para a saúde

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), achegou hoxe a Vigo a campaña Corta o risco químico, peitea con seguridade. Nun curso, que tivo lugar no IES Teis, déronse as pautas precisas para que as persoas traballadoras nos salóns de peiteado sexan capaces de identificar os produtos perigosos, as prácticas de traballo inadecuadas e as condicións dos locais que poden xerar riscos para a saúde co obxectivo de que se poidan aplicar as medidas preventivas axeitadas para desenvolver o traballo de xeito seguro.

A iniciativa forma parte das actuacións que a Xunta está a desenvolver para promover a prevención de riscos laborais en sectores e actividades económicas feminizadas ou cunha alta presenza de mulleres. Nos salóns de peiteado utilízanse produtos cosméticos que poden conter ingredientes con diferentes niveis e formas de toxicidade que, aínda que están presentes en pequenas cantidades e non adoitan ter repercusión en xeral para os consumidores, poden repercutir nalguna maneira no persoal que está en permanente contacto con estes produtos.

A mensaxe fundamental que se transmite nos cursos é que estes danos para a saúde poden evitarse aplicando medidas de prevención. Nestas accións formativas, que se celebrarán este mes noutros puntos da xeografía galega (Ourense, Ferrol e A Coruña), utlilízase como base o material elaborado polo Issga para esta campaña no que se alerta dos riscos para a saúde máis relevantes, os ingredientes dos produtos cosméticos que poden orixinar danos para a saúda, a forma correcta de traballar e outras recomendacións preventivas para os salóns de peiteado, extensibles á aplicación doutros tratamentos de beleza. Esta documentación técnica pode atoparse na web do Issga, a través do enlace: https://issga.xunta.gal/gl/campanas/corta-o-risco-quimico-peitea-con-seguridade-prevencion-en-salons-de-peiteado.

Publicacións Relacionadas