Home A Coruña A Comisión de Heráldica aproba novos símbolos para os concellos de Punxín,...

A Comisión de Heráldica aproba novos símbolos para os concellos de Punxín, Mugardos, Soutomaior e Alfoz

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu hoxe a reunión da Comisión de Heráldica

― No encontro aprobouse o escudo e a bandeira de Punxín, o escudo de Mugardos e as bandeiras de Soutomaior e Alfoz, ademais de acordar remitir nova proposta heráldica para o municipio de Oia

― O Goberno autonómico leva aprobados un total de 274 escudos e bandeiras das entidades locais de Galicia atendendo ás peticións dos concellos para adaptar os símbolos ao decreto que os regula

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu hoxe a reunión anual da Comisión de Heráldica na que se aprobou o escudo e a bandeira do concello ourensán de Punxín, o escudo do municipio coruñés Mugardos, e as bandeiras dos concellos de Soutomaior (Pontevedra) e Alfoz (Lugo).

No encontro desta mañá, a comisión tamén acordou remitir nova proposta heráldica para o concello de Oia e examinou o estado de tramitación dos expedientes de escudos e bandeiras do Carballiño, Rodeiro, Gondomar e a Entidade Local Menor de Morgadáns, tamén en Gondomar.

O Goberno autonómico leva aprobados un total de 274 escudos e bandeiras das entidades locais de Galicia no seo da Comisión Heráldica da Xunta, tras a petición dos respectivos concellos de modificar ou rehabilitar os seus símbolos para adaptalos ao decreto que os regula.

Segundo explicou a directora xeral de Administración Local, os municipios e as demais entidades locais de Galicia poderán adoptar escudos heráldicos e bandeiras propios e privativos, modificar os xa existentes ou rehabilitar os que historicamente se empregasen, baseándose sempre en feitos históricos ou xeográficos característicos e peculiares do seu territorio e conforme ás normativas de heráldica.

Ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non fosen aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Comisión de Heráldica é o órgano consultivo da Xunta de Galicia adscrito á consellería competente en materia de réxime local, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, sendo a encargada de emitir informes vinculantes de aprobación, modificación ou rehabilitación de escudos heráldicos e bandeiras das entidades locais galegas. Ademais, poderá elaborar as correspondentes propostas para a modificación ou rehabilitación de escudos heráldicos e bandeiras daquelas corporacións locais que así o soliciten, sen ningún cargo para a entidade local interesada.

Relacionadas

Redondela rende homenaxe a Pablo Couñago no 25º aniversario da conquista do Mundial de...

0
Este 2024 cúmprense 25 anos da primeira conquista mundial do fútbol español. Foi coa selección sub-20 dirixida por Iñaki Sáez, que logrou o título...

A Deputación levará este domingo a 170 persoas da provincia a desfrutar en Sanxenxo,...

0
Son veciños e veciñas de 30 concellos da provincia, que chegarán ao Hotel Carlos I e ao Gran Talaso, en Sanxenxo, ao Talaso Hotel...

Luis López recibe o alumnado do CPR San José de Pontevedra na súa visita...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este xoves unha vintena de alumnos e alumnas de 5º de Primaria do CPR San...

Tui un destino único e cheo de maxia para celebrar estas festas

0
O Mercado de Nadal e o Taller Máxico de Papa Noel destacan nas actividades desta ponte festiva Este Nadal, Tui convértese no lugar ideal para...

Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre oito clubs náuticos da comarca...

0
Son 17.000 euros para dous clubs de piragüismo, 52.000 euros para catro clubs de remo e 9.000 euros para dous clubs de vela, que...

Luis López anuncia o reparto de 190.000 euros entre 19 clubs náuticos de sete...

0
Son 73.000 euros para sete clubs de piragüismo, 67.000 euros para oito clubs de remo e 47.000  euros para catro clubs de vela, que...

Publicacións Relacionadas