Home A Coruña A cooperación entre a Xunta e ACCEM permite atender a 65 mulleres...

A cooperación entre a Xunta e ACCEM permite atender a 65 mulleres vítimas de trata durante a pandemia na Coruña, Vigo, Tui, Lugo e O Carballiño

- Anuncio -

― A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avaliou co responsable adxunto territorial en Galicia de ACCEM, Daniel Bóveda, as iniciativas que desenvolve o colectivo co apoio da administración autonómica

― Entre estas actuacións, destaca o convenio de colaboración que se asinou o pasado ano con nove entidades que conforman a Rede Galega contra a Trata, entre elas ACCEM, para loitar contra esta lacra social e reforzar a atención durante a covid-19

A colaboración que mantén a Xunta con ACCEM permitiu prestar atención a 65 mulleres vítimas de trata e/ou explotación sexual da Coruña (25), Vigo e Tui (25), Lugo (10) e O Carballiño (5). A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo en Santiago de Compostela unha xuntanza co responsable adxunto territorial en Galicia de ACCEM, Daniel Bóveda, para avaliar as iniciativas deste colectivo que apoia a Administración autonómica e coas que se ofrece ás mulleres un acompañamento especializado, baseado nas súas necesidades específicas e desde un enfoque fundamentado na defensa dos dereitos humanos, de xénero e de interculturalidade.

Entre as actuacións que apoia a Xunta, destaca o convenio de colaboración que a Consellería de Emprego e Igualdade asinou o pasado ano con esta asociación e outras oito que conforman a Rede Galega contra a Trata (cada entidade recibiu 7.000 euros) e que traballan para mellorar as condicións de vida das persoas en situación de vulnerabilidade. Esta cooperación vén desenvolvéndose no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e ten por obxecto cubrir as necesidades básicas e puntuais das vítimas, agravadas pola pandemia. En concreto, ofrécese, nos casos de urxente desamparo, un apoio de emerxencia en materia de aloxamento, alimentación, hixiénico-sanitaria, de transporte ou de telecomunicacións.

A Administración autonómica, ademais, asinou con ACCEM en 2021 outro convenio de colaboración por valor de 5.000 euros para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización sobre a violencia de xénero a mulleres inmigrantes residentes en Galicia. Así mesmo, a asociación foi beneficiaria o pasado ano das axudas para programas con fins sociais dirixidos á promoción da igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero con cargo á asignación tributaria do 0,7 % IRPF e dos apoios a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas para mulleres vulnerables. A Xunta desde 2011 apoia a ACCEM, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, cun orzamento que nestes anos superou os 205.000 euros.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas