Home Xunta de Galicia A directora xeral de FP destaca o prestixio do Campionato de Sumillería...

A directora xeral de FP destaca o prestixio do Campionato de Sumillería “Suso Domínguez” no ámbito da FP de Hostalaría

- Anuncio -

— Eugenia Pérez participa na entrega dos premios da novena edición deste certame, organizado polo Centro Integrado de FP Carlos Oroza de Pontevedra


— A Xunta vai investir case 2,8M€ na ampliación deste centro de referencia nestas ensinanzas

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participou hoxe na entrega dos premios do IX Campionato de Sumillería Suso Domínguez, do que destacou o seu prestixio no ámbito da FP de Hostalaría, un sector dos prioritarios no Plan Conecta FP . “Esta é, ademais, unha cita xa moi consolidada na que se reúnen estudantes de todo o norte de España e Portugal e que funciona como punto de encontro de centros de referencia destas ensinanzas, de establecemento de novas sinerxías e de creación de oportunidades”, dixo.
A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou tamén o feito de que o certame homenaxee a un profesor do centro, xa falecido, “o que lle confire un especial valor para a comunidade educativa do Carlos Oroza”. No campionato, que se celebra na Adega Martín Códax de Cambados, toman parte alumnado de centros de FP de Hostalaría e Turismo de Galicia, Asturias, Segovia, León, Navarra e Portugal.
A directora xeral lembrou, ademais, que a Xunta de Galicia vai investir case 2,8M€ na ampliación do Carlos Oroza, “un esforzo orzamentario moi importante co que seguimos dando resposta ás necesidades deste centro, que ten avanzado moi significativamente na última década”.
Ampla oferta formativa
O CIFP Carlos Oroza conta cunha ampla oferta de estudios de distintas especialidades vinculadas á familia de Hostalaría e turismo, con dous ciclos de FP Dual (de Xestión de aloxamentos turísticos e a dobre titulación en Dirección de cociña e Dirección de servizos de restauración) e un curso de especialización en Panadaría e bolaría artesanais.

Así mesmo, imparte o ciclo básico en Cociña e restauración, tres ciclos medios en Cociña e gastronomía, en Panadaría, repostaría e confeitaría e en Servizos en restauración; os ciclos superiores en Dirección de cociña, en Dirección de servicios de restauración, en Guía información e asistencia turísticas e en Xestión de aloxamentos turísticos.
O centro forma parte, ademais, da Rede galega de Formación Profesional de Hostalaría de Galicia, un espazo para a innovación e o intercambio de experiencias, de tal forma que favoreza o impulso dun sector que é clave para a economía de Galicia. Está integrada polos oito centros públicos dependentes da Consellería de Educación desta especialidade formativa, en concreto os CIFPs Paseo das Pontes (A Coruña), Compostela (Santiago de Compostela), Carlos Oroza (Pontevedra) e Manuel Antonio (Vigo), ademais dos IES Fraga do Eume (Pontedeume), de Foz (Foz), Sanxillao (Lugo) e de Vilamarín (Vilamarín).

Relacionadas

A Xunta pon en valor o papel clave da arquitectura para avanzar nun urbanismo...

0
A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, participou hoxe en Sanxenxo no acto de entrega de diplomas dos premios Gran...

Máis de 400 persoas participarón na terceira edición do Congreso Mo_Cidade da Xunta de...

0
— Durante as súas tres xornadas celebráronse mesas redondas, conferencias, concertos, monólogos de humor e obradoiros — Fabiola García puxo en valor a importancia desta...

A Xunta e o concello Coirós destinan máis de 125.000 euros á humanización do...

0
— Esta actuación acometerase ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a...

Un total de 180 persoas poderán beneficiarse dos tres novos cursos de mariñeiro pescador...

0
— Cada curso será tutelado por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro dependentes da Consellería do Mar e o período de prematrícula está...

A Xunta anima á veciñanza de Marín a aproveitar as próximas convocatorias de axudas...

0
— Heriberto García explicou os principais programas de subvencións que o organismo autonómico convocará este ano en materia de rehabilitación enerxética residencial — Tamén animou...

O novo Centro de Saúde de Mos que a Xunta instalará no antigo Rebullón...

0
― O conselleiro de Sanidade e a alcaldesa de Mos visitaron hoxe o centro de saúde desta localidade para dar a coñecer ao persoal...

Publicacións Relacionadas