Home Xunta de Galicia A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de...

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a profesionalización do sector para optimizar a xestión dos recursos hídricos en Galicia

- Anuncio -
  • Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a cursos e xornadas tanto presenciais como telemáticos e con contidos teóricos e prácticos
  • Salienta que neste primeiro ano de funcionamento a previsión é chegar a 350 profesionais, a metade de todo o persoal relacionado coa auga na Comunidade
  • Resalta a importancia de seguir avanzando na simplificación administrativa dos trámites relacionados coa xestión da auga e de unificar criterios en todo o territorio

A Xunta pon en marcha a Escola Galega da Auga, unha iniciativa pioneira na Comunidade que nace co dobre obxectivo de impartir formación especializada e gratuíta aos profesionais que traballan neste eido e mellorar así a calidade da xestión integral dos recursos hídricos a nivel local pola vía da profesionalización e da capacitación continua do sector.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, clausurou este mediodía a xornada de presentación oficial desta iniciativa, un acto que reuniu hoxe en Santiago a máis de 170 persoas entre alcaldes e concelleiros, técnicos municipais e profesionais de diversos eidos ligados a empresas que traballan no sector da auga.

Tal e como subliñou a responsable autonómica, coa creación da Escola da Auga a Xunta dá un paso máis na súa aposta pola profesionalización do sector, en liña co compromiso de Augas de Galicia de ofrecer o seu apoio técnico e económico ás entidades locais para a xestión dos recursos hídricos nos seus respectivos territorios.

Neste sentido, Ángeles Vázquez fixo fincapé na complexidade da xestión integral da auga en Galicia, non só pola ampla normativa á que está suxeita senón polas “múltiples fórmulas” que conviven no territorio, con “máis de 5.000 captacións, máis de 900 potabilizadoras e máis de 400 depósitos” xestionados por concellos, consorcios ou mancomunidades, empresas, agrupacións veciñais ou mesmo sistemas privados.

Por iso, recordou que en 2022 entrou en vigor a Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga co dobre fin de garantir a cobertura “en condicións axeitadas de calidade e cantidade” das necesidades básicas do uso da auga e tamén a protección dos recursos hídricos e os ecosistemas acuáticos e terrestres asociados.

Para avanzar nestes obxectivos, a Xunta, a través de Augas de Galicia, segue dando pasos para lograr un traballo eficiente e coordinado de todas as administracións implicadas na súa xestión, sendo clave profesionalizar o sector e mais todos os axentes e para o que resulta fundamental apostar pola formación.

Neste sentido, a conselleira resaltou a importancia de seguir avanzando na simplificación administrativa tamén nos distintos trámites relacionados coa xestión da auga, incidindo na importancia de unificar en todo o territorio galego, independentemente da conca, os criterios a aplicar na tramitación dos procedementos.

Contido dos cursos

A través da Escola da Auga, ofrecerase a posibilidade de mellorar a súa cualificación a técnicos e funcionarios municipais que traballan neste eido así como a persoal de empresas concesionarias de servizos hidráulicos, consultoras e enxeñerías, responsables de garantir o uso sostible, racional e eficiente deste ben natural limitado e moi valioso.

Segundo explicou a conselleira, a intención é formar só neste primeiro ano uns 350 profesionais, o que representa preto da metade de todo o persoal relacionado coa xestión da auga que traballa na Comunidade e que se calcula nunhas 700 persoas.

A formación, que será teórica e práctica e se impartirá segundo o caso en formato presencial ou telemático, versará sobre temáticas como a xestión integral dos recursos hídricos, a actualización de coñecementos sobre a normativa de augas autonómica, estatal e europea e a busca de solucións sostibles. Desta forma, os participantes poderán enfrontarse a situacións reais e desenvolver actuacións innovadoras.

Deste xeito, fortalecerase a súa capacidade de análise e toma de decisións no eido da xestión; promoverase o intercambio de coñecementos e experiencias sobre posibles problemas e solucións de éxito; potenciarase a súa capacidade de adaptación aos cambios lexislativos e ás novas políticas en materia de augas; e, de forma especial, prepararase ao sector para os retos de adaptación e mitigación do cambio climático.

Neste sentido e dada a vulnerabilidade dos recursos hídricos fronte a este fenómeno, un dos grandes retos da futura Escola Galega da Auga será preparar aos participantes para implementar estratexias de resiliencia e mitigación dos riscos asociados ao quecemento global, asegurando así que os futuros xestores e técnicos conten coas ferramentas necesarias para afrontar eventos climáticos extremos e os seus efectos neste eido.

Relacionadas

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar...

0
— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como...

0
o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

As visitas nos Museos da Xunta medran un 23% no ano 2024 ata superar...

0
— No balance do exercicio están incluídos 13 centros xestionados polo Executivo autonómico nas catro provincias galegas — Entre os espazos, destaca o incremento de...

Publicacións Relacionadas