Home Xunta de Galicia A España Verde aposta pola promoción e creación de novos produtos turísticos...

A España Verde aposta pola promoción e creación de novos produtos turísticos arredor do Camiño en 2022

- Anuncio -

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Santander nun encontro de seguimento das actuacións levadas adiante este ano

Esta marca turística agrupa a Cantabria, coordinadora este ano das accións, Asturias, Galicia e País Vasco.

Ademais da ruta xacobea, as accións para o vindeiro ano centraranse na promoción da enogastronomía, o surf ou a natureza destes territorios.

Da man da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, Galicia participou esta mañá na II Reunión de Seguimento da España Verde que tivo lugar no Parque da Natureza de Cabárceno, en Santander coa participación dos responsables turísticos dos territorios que conforman esta marca turística: Cantabria, Asturias, País Vasco, ademais de Galicia e Turespaña.

“Estamos a traballar na folla de ruta que guiará as actuacións para o vindeiro ano, centrada na recuperación da promoción internacional e en darlle pulo ao desenvolvemento de novos produtos turísticos vencellados co territorio”, explicou Nava Castro. O Camiño de Santiago – o gran vertebrador deste territorio e elemento clave para a promoción internacional destes territorios-, o surf, a enogastronomía ou a natureza serán os eixes arredor dos que se desenvolverán as estratexias e novos produtos turísticos da marca España Verde, con produtos como a Gran Ruta de la España Verde, centrada na difusión das viaxes en coche.

O encontro serviu, ademais, para facer balance das actuacións levadas adiante no marco da promoción e creación de produto turístico conxunto por parte da España Verde así como das actuacións en materia de mercadotecnia e promoción destes territorios e da súa oferta turística levados adiante a través de Turespaña, especialmente nos mercados internacionais, onde se fixeron diferentes actuacións nos mercados alemán, italiano e do centro de Europa.

Relacionadas

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos de conservación...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de...

A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes...

0
O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente O...

Un total de 431 colexios e institutos desenvolven clubs de lectura grazas ao...

0
— Este curso sumáronse 53 novos centros a esta iniciativa da Consellería de Educación, que financia con 400.000 € a adquisición de fondos e...

Medio milleiro de persoas obtiveron ou renovaron o ano pasado a habilitación como persoal...

0
A través dos cursos de seis horas realizados na Academia Galega de Seguridade Pública para adaptarse aos requisitos esixidos no decreto que regula as...

A Xunta aposta pola conservación de monumentos naturais de Galicia como a Praia das...

0
As rexistradas ata o momento roldan esa cifra, polo que se agarda que, malia as malas previsións meteorolóxicas, o número final se achegue á...

Publicacións Relacionadas