Home Xunta de Galicia A Filmoteca de Galicia percorre neste xuño a etapa alemá de Douglas...

A Filmoteca de Galicia percorre neste xuño a etapa alemá de Douglas Sirk e a obra cinamatográfica de Javier Codesal

- Anuncio -

— A cinemateca da Xunta abrirá este xoves coa fita Evangelio mayor a mostra máis completa da produción fílmica do artista multidisciplinar español

— O cartel para este mes inclúe tamén a estrea de catro películas realizadas polo alumnado participante no programa Cinema en curso e continuará cos ciclos dedicados ao cine checo e a Iván Zulueta

A Filmoteca de Galicia porá o foco neste xuño na produción cinematográfica do creador multidisciplinar Javier Codesal e na etapa alemá do director Douglas Sirk. Ademais, a carteleira para este mes tamén incluirá a estrea de catro películas realizadas polo alumnado participante no programa internacional Cinema en curso e daráselles continuidade tanto á mostra 7×7: novas películas checas como ao programa A/Z-Zulueta Inédito, ciclo sobre o director de Arrebato organizado en colaboración co festival coruñés (S8).
A cinemateca da Xunta inaugura este xoves ás 20,30 h. as sesións centradas en Javier Codesal con Evangelio mayor, proposta na que o artista aborda o envellecemento na comunidade LGTBIQ+. A proxección contará coa presentación do propio autor, quen ao día seguinte volverá ás 18,00 h. á Sala José Sellier para falar da súa obra Calavera resumida e para manter un coloquio co público ao redor da súa obra. O ciclo dedicado ao polifacético artista aragonés, un dos repasos máis completos á súa obra fílmica levados a cabo ata o día de hoxe, continuará o sábado seguinte, 17 de xullo, coa película Testimonio de Frederman.
O outro gran protagonista da programación será Douglas Sirk. A Filmoteca de Galicia percorrerá a etapa alemá deste director que fuxiu do Terceiro Reich en 1937 e acabou por continuar coa súa notable carreira en Hollywood. O realizador de títulos como Obsesión asinou varias fitas no seu país natal co seu verdadeiro nome: Detlef Sierck. La muchacha del páramo, de 1935, servirá o venres 16 de xuño de apertura a un ciclo que ao longo do mes ofrecerá diferentes pases doutras seis películas: No empieces nada en abril, La novena sinfonía, Pilares de la sociedad, La Habanera, Concierto en la corte e La Golondrina cautiva
Novas xeracións
A Sala José Sellier acollerá o 16 de xuño a estrea de tres documentais e unha película de ficción a cargo do alumnado participante en Cinema en curso, programa internacional de pedagoxía do cine impulsado pola asociación A Bao A Qu, que en Galicia coordina a Filmoteca de Galicia no marco do Plan Proxecta para a Innovación Educativa da Xunta.
A película de ficción titúlase As distancias e está rodada por alumnos de sexto de primaria do CEIP A Rúa (Cangas) co acompañamento do director Ángel Santos. Pola súa banda, a rapazada de sexto de primaria do CEIP de Tenorio (Cerdedo-Cotobade) contou coa colaboración de Marcos Flórez para realizar o documental O pasar do tempo, mentres que as alumnas de cuarto da ESO do IES As Mariñas da Coruña asinan a obra documental Arkhé. O fluír do tempo coa guía de Xacio Baño. Por último, o curso de sexto de primaria do CEIP A Reigosa de Pontevedra contou coa implicación de Alejandro Tarraf para levar a cabo A pegada que deixas.
Colaboracións con Play-Doc e (S8)
A carteleira de xuño darálles continuidade ás colaboracións iniciadas en maio cos festivais Play Doc e (S8), cuxo ciclo na Filmoteca protagonizou xa o arrinque deste mes. No caso do certame documental tudense, a súa extensión na Filmoteca de Galicia materializarase na proxección dos catro capítulos que conforman Ocho disparos mortales/Eight deady Shots, película que o finés Mikko Niskanen estreou en 1972 en formato de serial televisivo. As entregas repartiranse en cadansúa sesión os días 14 e 15 de xuño ás 19,00 h.
Co festival (S8) XIV Mostra de Cinema Periférico proseguirase co ciclo A/Z Zulueta Inédito este mesmo venres ás 20,30 h. coa exhibición de La celebración de la carne. As proxeccións sobre Iván Zulueta seguirán con Aloha (venres, 16), Fugas y escapadas (venres 23) e Apuntes y bocetos (venres 30).
O programa mensual complétase coa mostra 7×7: novas películas checas, con títulos como Banger, de Adam Sedlák, ou Emma enamorada, de Jan Prušinovský e co ciclo OFF-Galicia, cuxo protagonista será Alber Ponte, de quen se poderán ver as pezas Una llamada en domingo e Estar dos-La conquista del espacio. Ambas as dúas proxectaranse este mércores ás 20,30 h. coa presenza do autor.

Relacionadas

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

A Xunta investirá máis de 7,5 millóns de euros na retirada dos residuos da...

0
— Ángeles Vázquez explicou que as actuacións previas comezarán a próxima semana e que as obras de escavación e extracción do material para o...

Román Rodríguez anuncia que o alumnado do Instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras...

0
— Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como “unha das catedrais educativas que temos en Galicia” cun investimento de 4,7M€ —...

José López destaca a “implicación e iniciativa” dos correspondentes xuvenís e avanza novas accións...

0
— O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita os mozos e mozas deste programa autonómico de transmisión da información xuvenil, que esta fin...

A Xunta participa na celebración do Día da Amizada organizada pola Asociación Provincial de...

0
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez, asistiu hoxe ao Día da Amizade que cada ano celebra a Asociación Provincial...

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Publicacións Relacionadas