A FP galega demostra a súa calidade ao alzarse con nove medallas no Campionato Spainskills

adminON
Lectura mínima de 3

O alumnado da FP galega obtén tres medallas de ouro nas categorías de Desenvolvemento web, Panadaría e Recepción hoteleira; cinco de prata en CNC Fresado, Escaparatismo, Floraría, Servizo de restaurante e bar e Sistemas robóticos integrados, e unha medalla de bronce en Tecnoloxía do automóbil

Os centros galardoados nesta edición son o IES San Clemente, o CIFP Paseo das Pontes, CIFP Manuel Antonio, IES Politécnico de Vigo, IES Ramón Menéndez Pidal, CIFP A granxa, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Politécnico de Lugo e IES As Mariñas

Galicia queda en terceira posición en número de medallas, só por detrás de Andalucía e Valencia

A FP galega demostrou toda a súa calidade nas Spainskills 2024, o campionato nacional no que o equipo de Galicia se alzou con nove medallas. A aposta da Xunta por fortalecer estas ensinanzas xa ten dado os seus froitos en numerosas ocasións, tanto nestas olimpíadas estatais como nas europeas e mundiais.

A delegación galega obtivo tres medallas de ouro, cinco de prata e unha de bronce. Queda, así, na terceira posición no medalleiro, só por detrás de Andalucía e Valencia.

Representantes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acompañaron ao alumnado e profesorado participante na competición durante estes días e transmitiron hoxe o orgullo que supón para o sistema educativo galego o resultado acadado nesta cita.

A relación de galardóns acadados por Galicia é a que se reflicte na seguinte táboa:

Medalla Especialidade ou skill Equipo galardoado
Ouro Desenvolvemento web Centro: IES San Clemente (Santiago)Alumno: Ezequiel Soto Seoane Titora: Cristina París Brandariz
Ouro Panadaría Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)Alumna: Maria Bazar VerdesTitora: Avelina Amado Fernandez
Ouro Recepción hoteleira Centro: CIFP Manuel Antonio (Vigo)Alumna: Laura Pereira Ramilo Titor: Roi Álvarez González
Prata CNC Fresado Centro: IES Politécnico de Vigo (Vigo) Alumno: Pedro Rodríguez Rodríguez Titor: Javier Fondevila Blanco
Prata Escaparatismo Centro: IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña)Alumno: Antía Fernández LoureiroTitor: María Soledad Seoane Sobrino
Prata Floraría Centro: CIFP A Granxa (Ponteareas)Alumna: Carmen Regueira Fernández Titora: M Jesús Pena Fariña
Prata Servizo de restaurante e bar Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) Alumna: Melisa Touriñán Canosa Titor: Gabriel Vilar Longarela
Prata Sistemas robóticos integrados Centro: CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)Alumnos: Andrés Díaz López y Carlos Fernández RodríguezTitor: Carlos Victorio Álvarez Pérez
Bronce Tecnoloxía do automóbil Centro: IES As Mariñas (Betanzos) Alumno: Hugo López Lameiro Titor: Miguel Vilela González

Participación en 34 ‘skills’

Arredor de 100 persoas, entre alumnos e docentes, conformaron o equipo galego nestas olimpíadas nacionais da Formación Profesional, que se desenvolveron no recinto feiral de IFEMA, en Madrid, desde o 9 de abril.

Competiron un total de 38 alumnos de 23 centro nun total de 34 modalidades de skills, das cales 29 foron competicións oficiais e cinco en formato demostración.

Comparte este artigo