- O alumnado galego de FP obtén dúas medallas de ouro nas categorías de Tecnoloxía do automóbil e Tecnoloxía de vehículos pesados; dúas de prata en Mecatrónica e Panadaría e tres de bronce en Desenvolvemento web, Ebanistaría e Administración de sistemas en rede
- Os centros galardoados nesta edición son os centros integrados de FP Someso e Paseo das Pontes da Coruña, o CIFP Politécnico e o IES San Clemente de Santiago, o CIFP Politécnico de Lugo e os institutos Aller Ulla de Lalín e Losada Diéguez da Estrada
A Xunta salienta o éxito acadado pola selección galega no campionato estatal SpainSkills 2026 como unha demostración da Galicia Calidade na Formación Profesional ao alzarse con sete medallas nesta edición a razón de dúas de ouro, outras dúas de prata e tres de bronce.
Estes logros avalan a aposta do Goberno da Xunta por unha Formación Profesional moderna, innovadora e conectada co tecido produtivo que destaca, especialmente, pola implicación tanto do alumnado coma do profesorado.
Representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP encabezados pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, acompañaron aos equipos participantes na competición durante estes días e aproveitaron para felicitar aos gañadores polo talento, a capacitación técnica e a excelencia demostrada.
A relación de galardoados é a seguinte:
| Medalla | Especialidade ou skill | Equipo galardoado |
| Ouro | Tecnoloxía do automóbil | Centro: CIFP Politécnico de Santiago Alumno: Héctor Sánchez Bellón |
| Ouro | Tecnoloxía de vehículos pesados | Centro: CIFP Someso (A Coruña) Alumno: Manuel Prada Palmeiro |
| Prata | Mecatrónica | Centro: CIFP Politécnico de Lugo Alumnos: Xoel Teijeiro Prado, Abraham Martín Corral |
| Prata | Panadaría | Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) Alumnos: Mateo Lema Villar |
| Bronce | Desenvolvemento web | Centro: IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín) Alumno: Radoslw Lisiecki |
| Bronce | Ebanistaría | Centro: IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada) Alumno: Anxo Silva Romero |
| Bronce | TIC Administración de sistemas en rede | Centro: IES San Clemente (Santiago de Compostela) Alumnos: Martín Muíño Martínez |



