A FP galega demostra a súa calidade ao alzarse con sete medallas no Campionato SpainSkills

adminON
Lectura mínima de 2
  • O alumnado galego de FP obtén dúas medallas de ouro nas categorías de Tecnoloxía do automóbil e Tecnoloxía de vehículos pesados; dúas de prata en Mecatrónica e Panadaría e tres de bronce en Desenvolvemento web, Ebanistaría e Administración de sistemas en rede
  • Os centros galardoados nesta edición son os centros integrados de FP Someso e Paseo das Pontes da Coruña, o CIFP Politécnico e o IES San Clemente de Santiago, o CIFP Politécnico de Lugo e os institutos Aller Ulla de Lalín e Losada Diéguez da Estrada  

A Xunta salienta o éxito acadado pola selección galega no campionato estatal SpainSkills 2026 como unha demostración da Galicia Calidade na Formación Profesional ao alzarse con sete medallas nesta edición a razón de dúas de ouro, outras dúas de prata e tres de bronce.

Estes logros avalan a aposta do Goberno da Xunta por unha Formación Profesional moderna, innovadora e conectada co tecido produtivo que destaca, especialmente, pola implicación tanto do alumnado coma do profesorado.

Representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP encabezados pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, acompañaron aos equipos participantes na competición durante estes días e aproveitaron para felicitar aos gañadores polo talento, a capacitación técnica e a excelencia demostrada.

A relación de galardoados é a seguinte:

Medalla Especialidade ou skill Equipo galardoado
Ouro Tecnoloxía do automóbil Centro: CIFP Politécnico de Santiago Alumno: Héctor Sánchez Bellón
Ouro Tecnoloxía de vehículos pesados Centro: CIFP Someso (A Coruña) Alumno: Manuel Prada Palmeiro
Prata Mecatrónica Centro: CIFP Politécnico de Lugo Alumnos: Xoel Teijeiro Prado, Abraham Martín Corral
Prata Panadaría Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) Alumnos: Mateo Lema Villar
Bronce Desenvolvemento web Centro: IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín) Alumno: Radoslw Lisiecki
Bronce Ebanistaría Centro: IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada) Alumno: Anxo Silva Romero
Bronce TIC Administración de sistemas en rede Centro: IES San Clemente (Santiago de Compostela) Alumnos: Martín Muíño Martínez
Comparte este artigo