Home Xunta de Galicia A futura planta de hidróxeno no Porto Exterior da Coruña recibe informe...

A futura planta de hidróxeno no Porto Exterior da Coruña recibe informe ambiental favorable da Xunta

- Anuncio -

As instalacións ocuparán unha superficie de 3.000 m2 na explanada sur de Langosteira e terán unha capacidade máxima de produción de 1 MW, que se destinará á mobilidade

A Xunta acaba de informar favorablemente desde o punto de vista ambiental o proxecto para construír unha planta de produción de hidróxeno no porto exterior da Coruña, no municipio de Arteixo.
Así consta na Declaración de impacto ambiental (DIA) emitida pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que confirma a viabilidade de Green H2 Langosteira e permitirá ao seu promotor —Enerfín Renovables VI, SLU— poder seguir co resto de trámites necesarios para a construción do proxecto, que deberá contar con todas as autorizacións e permisos.
En todo caso, cómpre lembrar que se trata dunha instalación sometida a Autorización ambiental integrada (AAI), polo que se deberán de cumprir os condicionantes que se establezan na referida autorización, unha vez se outorgue.
A futura planta de Green H2 Langosteira contará cunha capacidade máxima de produción de 200 Nm /h (17,9 kg/h), 1 MW e todo o hidróxeno producido se destinará á mobilidade, concretamente ao seu uso en vehículos pesados (autobuses e camións), así como en maquinaria do porto. Co obxecto de acadar este fin, as instalacións contarán con dous dispensadores que proporcionarán hidróxeno aos vehículos.
O proxecto conta con 3.000 m2 na denominada explanada sur do porto exterior para albergar a planta de produción de hidróxeno para 1 MW, mais os seus compoñentes auxiliares, necesarios para garantir un correcto funcionamento, e un perímetro de valado de 220 metros.
Neste senso, na área de implantación prevista cómpre sinalar que non existen figuras de espazos naturais protexidos recollidos pola lexislación autonómica ou estatal ou hábitats de interese comunitario.

Relacionadas

José González destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega en Suíza e realza...

0
― Remarcou a implicación da Xunta cos galegos do exterior, uns días despois de pedir ao Goberno de España que elimine as desigualdades que...

Rueda destaca o compromiso da Xunta cos novos creadores e con impulsar proxectos culturais...

0
— Asegura que ferramentas coma as residencias artísticas son “motores” para garantir “o futuro” do sector cultural — A Xunta poñerá en marcha nos vindeiros...

Medio Rural inclúe nos orzamentos de 2025 máis de 4 M€ en investimentos en...

0
― Máis da metade dos fondos comprometidos e orzamentados (2,5 millóns de euros) destinaranse ao edificio de servizos integrados da Consellería en Lalín ― Ademais,...

A Xunta fai fincapé na importancia de dar maior visibilidade e informar sobre o...

0
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe nas oitavas xornadas ‘Ti tamén formas parte do TDAH’, organizadas pola Asociación TDAH...

A Xunta destina en 2025 medio millón de euros ao impulso de áreas de...

0
― O Goberno galego publicará unha orde de axudas para o desenvolvemento de aparcadoiros protexidos que dispoñan de instalacións axeitadas e servizos precisos ― A...

A Xunta aposta pola humanización da Xustiza coa remodelación das Salas Gesell

0
― O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe o espazo situado nas instalacións da subdirección do Instituto de Medicina Legal...

Publicacións Relacionadas