Home Pontevedra O Salnés A garantía da Atención Sanitaria no Centro de Saúde de Baltar en...

A garantía da Atención Sanitaria no Centro de Saúde de Baltar en Sanxenxo refrenda a planificación asistencial do Servizo Galego de Saúde

- Anuncio -

― A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa a xestionar cos profesionais en activo a cobertura asistencial e gardas neste centro de saúde

― O SERGAS reafirma o seu agradecemento e valoración pola importante implicación dos profesionais de Atención Primaria da Área Sanitaria efectuando voluntariamente substitucións e prolongacións de xornada e insta á plataforma en defensa da Sanidade Pública a que efectúe iniciativas útiles para a cidadanía

Coa garantía de atención sanitaria coma eixe da planificación asistencial, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa a xestionar cos profesionais en activo a cobertura e gardas no centro de saúde de Baltar en Sanxenxo, ante a ausencia de profesionais especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria nas listas de contratación para cubrir as ausencias dos titulares por mor das vacacións e das baixas e o compromiso da Sanidade Pública de prestar asistencia.

No que atinxe á actividade de renovación de receitas de tratamentos crónicos no centro de saúde de Baltar dende o pasado día 10 de agosto ata o venres día 19 de agosto realizáronse un total de 260 citas deste tipo. Os pacientes poden solicitar dita cita por teléfono ou a través da aplicación de Sergas Móbil no persoal farmacéutico de Atención Primaria.

O persoal médico e de Enfermaría do centro de saúde de Baltar atendeu a semana pasada unha media diaria de 136 pacientes, cunha labor de continuidade no seguemento e atención a patoloxías. Dita reordenación asistencial comezou a funcionar o mércores pasado, cambiando o modelo habitual de citación en axenda pola atención a demanda, nun momento puntual no que tan só tres médicos prestan asistencia neste centro.

Así mesmo, o SERGAS reitera que se están a tramitar administrativamente as solicitudes á OPE polo sistema de concurso de méritos realizada pola Xunta de Galicia, que consta de 106 prazas de médico especialista de Atención Primaria, das que 21 adscribiránse a 13 centros de saúde da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, entre eles o de Baltar en Sanxenxo.

Reforzo da reclamación da Xunta ao Goberno central
O SERGAS reafirma o seu agradecemento e valoración pola importante implicación dos profesionais de Atención Primaria da Área Sanitaria efectuando voluntariamente substitucións e prolongacións de xornada e insta á plataforma en defensa da Sanidade Pública a que efectúe iniciativas útiles para a cidadanía e reforce a reclamación que, dende hai meses, fai a Xunta de Galicia ao Goberno central para que adopte medidas áxiles e eficentes cara a paliar o déficit de médicos no conxunto do Sistema Nacional de Saúde.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

Publicacións Relacionadas