Home Xunta de Galicia A IV Xornada Foro Norte de Solo Pelviano avanzará nas últimas técnicas...

A IV Xornada Foro Norte de Solo Pelviano avanzará nas últimas técnicas cirúrxicas laparoscópicas e tratamentos multidisciplinares desta doenza

- Anuncio -

― Os máis de cen profesionais asistentes a este foro actualizarán en Montecelo os seus coñecementos sobre as principais patoloxías do solo pelviano, doenzas que afectan a unha considerable porcentaxe de mulleres maiores de 40 anos

― O xinecólogo Eloy Moral Santamarina subliña que o feito de non detectar ou tratar a tempo as principais afeccións destas musculaturas implica que, en non poucas ocasións, estas deriven en intervencións cirúrxicas

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés celebrará o vindeiro sábado 27 de maio no hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra a cuarta edición da Xornada Foro Norte de Solo Pelviano. Este evento, organizado polo servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, reunirá a máis de 100 profesionais de especialidades coma a Xinecoloxía, a Cirurxía, a Uroloxía, Matronas, así coma persoal de Fisioterapia, Rehabilitación e Enfermaría.

Segundo sinala o presidente do comité organizador da Xornada e xefe de servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés, o doutor Eloy Moral Santamarina “os máis de cen profesionais asistentes a este foro actualizarán os seus coñecementos sobre as principais patoloxías do solo pelviano, doenzas que afectan a unha considerable porcentaxe de mulleres maiores de 40 anos principalmente, aumentando a prevalencia coa idade. Estudar a globalidade destes pacientes, tamén dende a perspectiva da Atención Primaria, achegando nocións sobre as principais patoloxías do solo pelviano, así como acceder ás técnicas para o seu tratamento e recuperación, son só algúns dos obxectivos que guían o programa desta Xornada, dirixida a persoal facultativo, de enfermaría, fisioterapeutas, matronas e profesionais de rehabilitación”.

Consolidación dunha unidade multidisciplinar
A celebración da IV Xornada Foro Norte de Solo Pelviano do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra o vindeiro sábado 27 de maio no hospital Montecelo pretende así mesmo aunar sinerxias entre os diversos especialistas para avanzar na consolidación dunha unidade multidisciplinar específica adicada ao solo pelviano na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, cuxas prestacións asistenciais a convertirían nun referente clínico e preventivo para a poboación da comarca.

Nos últimos anos, as consultas de solo pelviano nesta Área Sanitaria experimentaron un incremento gradual, pois rexistraron un aumento do 75% nas primeiras consultas ao respecto, mentres que as consultas sucesivas acadaron un 90%. Neste senso, mantívose a actividade asistencial durante toda a pandemia de COVID e o pasado ano 2022 a unidade funcional e solo pelviano do Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés prestou asistencia a máis de 350 pacientes aqueixados dalgunha patoloxía relacionada co solo pelviano.

A este respeito, o xinecólogo Eloy Moral Santamarina subliña que “o feito de non detectar ou tratar a tempo as principais afeccións destas musculaturas implica que, en non poucas ocasións, estas deriven en intervencións cirúrxicas, como ben pode ser no caso dos prolapsos. Así mesmo é un reto asistencial recorrente para nos previr a incontinencia, as infeccións urinarias ou as lesións dermatolóxicas, que son outras das consecuencias destas patoloxías, cuxa repercusión sobre a calidade de vida dos pacientes é de considerable importancia”.

Programación da IV Xornada
A programación da IV Xornada Foro Norte de Solo Pelviano do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra profundizará en patoloxías de incontinencia fecal e urinaria en deportistas e en pacientes postoperatorios e post-parto, facendo especial fincapé nos tratamentos de vexiga hiperativa. Tamén se analizará a labor asistencial desenvolvida polas matronas e xinecólogos na prevención destas doenzas no caso das mulleres, labor que pode minimizar o impacto do embarazo e o parto neste tipo de lesións.

Así mesmo, o programa desta cuarta Xornada incluirá a análise de técnicas fisioterápicas ambulatorias para pacientes que podan efectualas no seu domicilio, protocolos cirúrxicos con mallas, actualización das últimas técnicas aplicadas, tales coma a cirurxía laparoscópica, a rehabilitación ou a neuromodulación sacra e do nervio pudendo.

Relacionadas

A Xunta destaca o éxito de Galicia Ilusiona que consolida a Galicia como capital...

0
 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, incidiu no éxito deste festival de ilusionismo que xa é un referente mundial dentro do...

Diego Calvo destaca a fortaleza da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia como...

0
― O vicepresidente segundo da Xunta participou xunto co conselleiro do Medio Rural e a conselleira do Mar na apertura da 45ª edición ― O...

A Xunta denégalle ao concello de A Illa unha subvención para mellorar a envolvente...

0
Luis Arosa, concelleiro de Servizos en funcións, amósase convencido de que a Consellería de Educación ten previsto realizar directamente os traballos O goberno local recibiu...

Preto de 200 agrupacións de voluntarios de Protección Civil benefícianse do apoio da Xunta...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 euros ― Estas achegas complementan a outra orde...

A Xunta apoia o proxecto de voluntariado no rural “Acompaña 2.0” que desenvolve ...

0
Fórmanse parellas interxeracionais para darse compañía, favorecer o acceso dos maiores ás novas tecnoloxías e dar á coñecer á xente nova as oportunidades que...

O Museo de Belas Artes acolle este domingo o último concerto do ciclo musical...

0
— A Coruña é a última parada da iniciativa que puxo o foco nas cidades de Málaga, Barcelona e París o pon agora en...

Publicacións Relacionadas