Home Ourense A Peroxa A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello ourensán da Peroxa

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello ourensán da Peroxa

- Anuncio -

O lume afectou 0,47 hectáreas e foi provocado por un escape dunha queima sen as debidas medidas de seguridade

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Ourense veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado xoves, 16 de febreiro, no concello ourensán da Peroxa. O lume produciuse no lugar de Barra, da parroquia de Graíces e afectou 0,47 hectáreas, das que 0,32 hectáreas foron de monte raso e as 0,15 restantes de superficie arborada.

A investigación puxo de manifesto que se tratou dun incendio provocado por un escape dunha queima sen as debidas medidas de seguridade. Como resultado, tomóuselle declaración a un varón de 70 anos de idade como presunto autor do lume.

Nos traballos de extinción participaron un axente, unha brigada e unha motobomba.

A Policía Autonómica remitiu as dilixencias por estes feitos ao Xulgado de Instrución, en funcións e de Garda, número 1 de Ourense.

Trátase da primeira persoa investigada pola Policía Autonómica na actual campaña como presunta autora de incendios forestais.

Relacionadas

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Xunta apoia o Campionato do Mundo de Endurance que converterá Sanxenxo esta semana...

0
O secretario xeral para Deporte destacou o potencial de Galicia como sede de eventos internacionais da motonáutica e, en xeral, para acoller probas deportivas...

A Xunta salienta que Galicia rexistra uns niveis de ruído aceptables na última década

0
— Ángeles Vázquez pon en valor que a Comunidade conta cunha completa rede formada por 10 estacións con sonómetro, que, no seu conxunto, serían...

Publicacións Relacionadas