HomeXunta de GaliciaA Residencia de Maiores Pública Autonómica Torrente Ballester da Coruña despide por...

A Residencia de Maiores Pública Autonómica Torrente Ballester da Coruña despide por anticipado o ano 2025

- Anuncio -spot_img

Persoas usuarias, familiares e persoal da residencia de maiores pública autonómica Torrente Ballester da Coruña cumpriron coa tradición e despediron hoxe por anticipado o 2025 cunha gran festa de fin de ano. Esta é a terceira edición dun evento que, entre outras actividades lúdicas, inclúe as tradicionais uvas e doce badaladas.

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu ao evento e aproveitou para trasladar a todos os mellores desexos para o vindeiro ano. Antón Acevedo sinalou que as residencias de maiores son o segundo fogar dos usuarios que deciden ser atendidos nestes recursos específicos baixo o coidado de profesionais cualificados que poden dar resposta a cada unha das súas necesidades. Deste xeito, destacou a importancia de impulsar este tipo de actividades para favorecer o benestar dos maiores e a súa socialización tanto co resto de usuarios como coas familias.

Publicacións Relacionadas